Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xurxo Alonso fala de Cartas da fronteira. O libro que publica Espiral Maior gañou o Premio de Poesía Cidade de Ourense. Pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Cartas da fronteira
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o venres 2
O venres 2 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:15 h. Presentación de Os donos das cinsas, de Benigno Yáñez Pérez, Premio Risco de Creación Literaria.
– 21:00 h. Presentación de Cartas da fronteira, de Xurxo Alonso, XXXII Premio de poesía Cidade de Ourense.
Xurxo Alonso gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense
Desde La Voz de Galicia:
“Cartas da fronteira, do pintor e escritor Xurxo Alonso, foi elexida polo xurado entre os 57 orixinais presentados a concurso este ano
O escritor e pintor vilagarcián Xurxo Alonso converteuse no gañador do XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. O xurado reuniuse no Liceo para elexir a mellor das cincuenta e sete obras presentadas a concurso, nunha convocatoria que está aberta a todos os cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (as obras poden estar escritas en galego ou en portugués). Isabel Alves, Fernando de Castro, Luciano Rodríguez, Amalia Mosquera e Luís González Tosar elexiron Cartas da fronteira, do consolidado escritor vilagarcián, como o orixinal que reunía as condicións para ser Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. A convocatoria está dotada con 6.000 euros e a publicación do libro. (…)”