O
mércores 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa das Campás-Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9- 11), terá lugar a homenaxe “Recordando a Miguel Suárez Abel”, organizada polo Ateneo de Pontevedra, e que contará coas intervencións de Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Juan Otero, Anxo Ricón e Xaime Toxo.
Arquivos da etiqueta: Casa das Campás de Pontevedra
Pontevedra: presentación de Unha morte lanzal. A traxedia do Bou Eva, de Julián Rodríguez Novo
O
mércores 31 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), de Pontevedra, o Ateneo e a Editorial Discursiva organizan a presentación do libro de teatro Unha morte lanzal. A traxedia do Bou Eva, de Julián Rodríguez Novo. No acto interveñen, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero, Uxío Couto Carballido e Enrique Sánchez Sotelo.
Pontevedra: encontro con Isaac Xubín sobre “Literatura e gastronomía”
Pontevedra: presentación de Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz
Pontevedra: presentación e coloquio sobre Pelerinaxes, de Simone Saibene
Pontevedra: relatorio arredor de Crónicas da represión en Bueu, de Xosé Novas e Manuel Antón Mosteiro
O
martes 14 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar un relatorio arredor do traballo de investigación Crónicas da represión en Bueu, de Xosé Novas e Manuel Antón Mosteiro. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a Asociación Amigos de Johán Carballeira, participan, xunto aos autores, Montse Fajardo e Xosé Leal.
Pontevedra: relatorio arredor de 1936. O Estatuto esquecido
O xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar un relatorio arredor do libro 1936. O Estatuto esquecido, coordinado por Xosé Fortes Bouzán (historiador), e editado por Guiverny. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao coordinador, Miguel Anxo Fernández Lores e Belén Fortes.
Pontevedra: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira
O xoves
12 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participa, xunto ao editor, Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de Novas do exterior, de Xosé Luís Santos Cabanas
Pontevedra: presentación de Contos pequenos, de Victoriano Taibo
O
xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9), preséntase o volume Contos pequenos, manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participan Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de varios artigos que tratan diversos aspectos do texto.




