Pontevedra: Culturgal 2026, actividades do 27 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2026. As actividades previstas destacadas para o 27 de novembro son:

11:30 h. Encontro de Ledicia Costas co alumnado.
16:00 h. Que é a ILP Lingua Vital? A Mesa pola Normalización Lingüística.
17:00 h. Premios Xerais 2026. Alberto Lema, Ivana G. Abuín e Santiago Lopo falan sobre A boca do río, A Banda da Albóndega e A lingua dos grifóns. Edicións Xerais de Galicia.
17:15 h. Antonio Tizón asinará Madriña (versión lectura fácil) e outras obras.
17:45 h. Trazo de xiz. Miguelanxo Prado celebra os 30 anos da súa novela debuxando en directo. PuntoGal.
17:45 h. Sinatura de Fran Pérez Narf, Canto sentido cos autores Carlos Santiago e Pepe Sendón.
18:00 h. O nobelo de Nenunca. Encontro xeneracional: enfiando recordos. Premio Simbad para o recordo e o Alzheimer (+6 anos e +80 anos). Irene Alonso.
18:00 h. Presentación de Maneiras de ollar, de John Berger, na tradución de Xesús Fraga. Kalandraka.
18:00 h. Ana Sánchez asina Quen dixo medo?.
18:00 h. Miguel Rojo asina A miña outra vida.
18:45 h. Clara do Roxo asinará Baixo as pedras e outras obras.
19:00 h. Destecendo Babel. O diálogo entre a tradución e a obra vai máis alá da decodificación; afondamos nas relacións entre a persoa creadora e a tradutora con Xesús Fraga, Inma Pérez Casal e Alejandro Tobar; modera Adrián Estévez.
19:00 h. Arquitectura do poema. Como poderían ser as casas coas que sexa imposible especular? Que formas de habitar garda a palabra? Unha activación artística de Eva Antelo en colaboración con Nuria Vil.
19:30 h. Xina Vega asinará Lázara de Editorial Moléculas.
20:00 h. Presentación da edición 30 aniversario da novela gráfica Trazo de xiz, de Miguelanxo Prado. Retranca Editora.
20:00 h. AS e Razóns de peso: presentación cruzada. Diálogo a catro bandas con Andrea Nunes, Leti Citoula, María Reimóndez e Violeta Meléndrez Doval. Organiza: Catro Ventos.

Ponteareas: actividades do 16 de xullo da Feira do Libro 2023

Pontevedra: Festa dos Libros 2023

Programa da Festa dos Libros 2023 en Pontevedra

Vigo: actividades do 23 de xuño da Feira do Libro 2023

“Publícase o epistolario entre Carvalho Calero e Otero Pedrayo”

Desde Nós Diario:
“O Pazo do Hórreo acolleu a presentación do volume Polos camiños das horas. Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo, editado pola Real Academia Galega co apoio do Parlamento galego.
Interviñeron no acto o presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o coordinador da obra, Henrique Monteagudo; unha das persoas responsábeis da edición, Patricia Arias; e a filla do homenaxeado, María Victoria Carballo-Calero Ramos.
Trátase, en opinión de Santalices, dun libro “necesario e esclarecedor” que contribúe a render tributo a “dous dos grandes persoeiros da nosa historia contemporánea”.
A obra compila 167 misivas intercambiadas por estas dúas figuras da cultura galega entre 1949 a 1974, que están depositadas no Parlamento e na Fundación Penzol. Foron editados por Patricia Arias Chachero, Adrián Estévez Iglesias e Nélida Cosme. Arias e Estévez asinan ademais o estudo introdutorio e as notas do libro, coordinado por Monteagudo.
Freixanes salientou a importancia das cartas para entender a historia e, sobre todo, a intrahistoria, “esa parte do iceberg que case sempre permanece debaixo da superficie da auga e que non conta, mais que explica moitas cousas”.
Así pois, “a través deste diálogo entre dous xigantes podemos reconstruír, ou cando menos enriquecer, algúns capítulos significativos na historia da cultura galega do pasado século XX”, engadiu.
Santalices aproveitou para lembrar que aínda é posíbel visitar a Mostra Bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero no Parlamento, xa que foi prorrogada até o 31 de marzo. Na exposición, alén dos fondos propios, tamén se poden apreciar documentos senlleiros da nosa historia recente, como un exemplar do Anteproxecto do Estatuto do Seminario de Estudos Galegos de 1931, ao que deron forma Carvalho Calero e Lois Tobío.”

Pontevedra: III Xornada de Onomástica Galega. Os alcumes