Do martes 3 ao xoves 19 de decembro, na Galería Visol (Rúa San Domingos, 33) de Ourense, e con horarios de martes a venres, de 18:30 a 21:00 horas, e sábados de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 21:00 horas, dentro do Outono Fotográfico 2013, estará aberta a exposición Fóra de campo, que nace como un proxecto colectivo co que se pretende reflexionar e crear ao redor da fotografía e os seus límites. O grupo está formado por Caxigueiro, Eduardo Estévez, Ernesto González Torterolo e Nachok, propón un achegamento a esta disciplina explorando as posibilidades que poden ofrecer outras linguaxes artísticas (pintura, escultura, videocreación e poesía) na procura de lecturas menos convencionais. A inauguración terá lugar o martes 3 de decembro ás 20:00 horas.
Arquivos da etiqueta: Caxigueiro
Lugo: presentación do catálogo do Roteiro artístico-literario Fiz Vergara Vilariño
O venres 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, preséntase o catálogo do Roteiro artístico-literario Fiz Vergara Vilariño, con obras de Primitivo Lareu, Jesús Otero-Yglesias, Buciños, Álvaro de la Vega, Violeta Bernardo, Miguel Macía, Fernando Yáñez, Mónica Alonso, Paco Poy, Caxigueiro, Eudardo Valiña, Paco Pestana e Manolo Caamaño. O acto está convocado pola Asociación Cultural Ergueitos, co patrocinio da Área de Cultura e Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
Santiago: inauguración da exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos
O venres 9 de marzo, ás 19:00 horas, no Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, inaugúrase a exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos e Caxigueiro.