
Arquivos da etiqueta: Concello de Maceda
Presentación de Guía ilustrada do Entroido galego, con Alba de Evan, Xabier Domínguez e Iria Prol, en Maceda
Maceda homenaxea Francisco Carballo no centenario do seu nacemento
Desde Nós Diario:
“A xornada desenvolvida neste 15 de marzo en Maceda arrancou ás 11 horas na parroquia natal de Carballo, Asadur, cunha ofrenda floral no cemiterio onde está soterrado desde o seu falecemento en 2014.
Os asistentes ao acto desprazáronse ás 11:30 á casa familiar de Carballo, onde o seu amigo e compañeiro de loita nacionalista, Celso Sánchez, deu lectura a un escrito do homenaxeado. Media hora máis tarde, interveu a alcaldesa da localidade, Uxía Oviedo.
A xornada promovida pola Asociación Amigos de Francisco Carballo (AAFC) tivo os seus actos centrais ás 12 horas no salón de actos do Concello de Maceda, onde actuou como mantedor o presidente da entidade, Santiago Prol.
O acto arrancou coa actuación musical de Ergutío Cantareiras e a proxección do audiovisual Lembrando a Francisco Carballo, onde se recollen diversos aspectos da súa vida.
A continuación tomaron a palabra a concelleira de Cultura de Maceda, Beatriz Cuenca; o presidente da Fundación Terra e Tempo Francisco Rodríguez; a sobriña do homenaxeado Milagros Calvo Carballo; os antigos cregos Manuel Peleteiro e Antón Gómez; o xornalista Xan Carballa; o ex alcalde de Maceda Bieito Seara; e a portavoz nacional do BNG Ana Pontón.
O acto serviu para presentar o último número da revista Terra e Tempo, dedicado ao homenaxeado e titulado Francisco Carballo. Na fronteira do eclesial e co corazón na Galiza, que ofrece unha completa e detallada panorámica sobre a súa figura, obra e traxectoria.
A publicación recolle a colaboración de amigos, compañeiros de militancia política e especialistas na figura de Carballo, como Francisco Rodríguez, Milagros Calvo Carballo, Antón Gómez, Victorino Pérez Prieto, Pilar Allegue, Xosé Lois Ruiz Vicente, Anselmo López Carreira, Bieito Lobeira, Bieito Seara, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Santiago Prol.”
Maceda. Homenaxe a Francisco Carballo. Centenario do seu nacemento, 15 de marzo de 2025
Maceda: 10º cabodano do pasamento de Francisco Carballo, o 14 de decembro
Maceda: Enfelarte2024. I Xornada de difusión do Entroido de Maceda
Maceda: homenaxe a Francisco Carballo
Maceda: crónica da colocación da placa en homenaxe a Francisco Carballo
Agradecemos
a Santiago Prol a crónica do acto de colocación da placa en homenaxe a Francisco Carballo en Maceda, o pasado 14 de setembro, publicada no blog da Asociación Amigos de Francisco Carballo, da que recollemos este fragmento:
“(…) Despois de escoitar o solemne Himno do Antigo Reino de Galiza que tanto lle gorentaba a Carballo -nunha loábel interpretación da banda de gaitas de Maceda- e de ler a sentida mensaxe do presidente da AELG, repartiuse o díptico entre os presentes. Escollemos unha das fotos iconográficas que lle tirara Xan Carballa na rúa Príncipe de Vigo a mediados dos anos 80, cun Carballo pletórico e transgresor para os parámetros convencionais daquela época. Santiago Prol leu só o primeiro parágrafo da autobiografía (reproducida no díptico e que el publicara na súa entrada na web da AELG). Francisco Carballo falaba da súa infancia no lugar de Celeirón (niño de reiseñores), da parroquia de Asadur, da familia, das feiras de Maceda, dos xogos, da escola republicana e de que montou a cabalo dende sempre, pois sabía montar dende os tres anos. No libro de Conversas (ANT, 2002) díxonos que o que más botaba en falta no Morrazo naquela altura –tiña 76 anos- era non ter un cabalo: “Os meus curmáns dedicábanse a vender e a mercar gando, como todos os Solveiras. Nós tiñamos cabalo na casa. Os nosos parentes viñan na primavera coas greas de gando, maiormente poldros e cabalos, para que engordasen e se vigorizasen e logo vendíanos na feira de Maceda. Eramos bos xinetes e a miña ilusión, aínda hoxe, sería ter un cabalo. Nós nacemos nos cabalos, era algo consubstancial ao noso tempo”. (…)”
Maceda: colocación dunha placa de homenaxe a Francisco Carballo

Este é o díptico que se repartirá entre as persoas asistentes: Díptico Francisco Carballo.









