‘”Mestre  da transgresión e da melancolía” así define Darío Villanueva a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) no texto que publica hoxe El Cultural, a revista cultural que se distribúe de xeito gratuíto con El Mundo. A publicación recolle ademais, a pegada de seis escritores (Luisa Castro, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Claudio Rodríguez Fez, Lola Beccaria, e Marta Rivera de la Cruz) que achegan unha mirada personal sobre a súa obra. A revista recupera deste xeito o legado deste novelista, poeta, dramaturgo, gastrónomo e xornalista cando se cumpren cen anos do seu nacemento.” Vía Cultura Galega.
da transgresión e da melancolía” así define Darío Villanueva a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) no texto que publica hoxe El Cultural, a revista cultural que se distribúe de xeito gratuíto con El Mundo. A publicación recolle ademais, a pegada de seis escritores (Luisa Castro, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Claudio Rodríguez Fez, Lola Beccaria, e Marta Rivera de la Cruz) que achegan unha mirada personal sobre a súa obra. A revista recupera deste xeito o legado deste novelista, poeta, dramaturgo, gastrónomo e xornalista cando se cumpren cen anos do seu nacemento.” Vía Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer
A Coruña: actividades do domingo 7 na Feira do Libro
Estas  son as actividades máis destacadas previstas para o domingo 7 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que estará aberta nos Xardíns de Méndez Núñez até o mércores 10 de agosto, con horarios de 11:00 a  14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
son as actividades máis destacadas previstas para o domingo 7 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que estará aberta nos Xardíns de Méndez Núñez até o mércores 10 de agosto, con horarios de 11:00 a  14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Presentación do libro Guía das libélulas de Galicia,  do  investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez,  publicado en Baía. O autor estará acompañado polos  investigadores de zonas húmidas de Galicia e  naturistas galegos Anxo  Rajou e Alberto Gil.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos e descontos. Narrativa completa  de Claudio Rodríguez Fer publicado en Toxosoutos. Xunto co autor,  participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia  Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
 
							
