Arquivos da etiqueta: Crime en Compostela
Compostela: actividades do 15 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)
Paseos Literarios por Compostela 2024
Os Paseos Literarios por Compostela 2024 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2024, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A participación nos paseos é libre e gratuíta, non sendo precisa inscrición previa. O punto de saída en todos eles será a carpa principal da SELIC, na Quintana.
O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
Escenarios de Compostela. Paseo sobre o mundo teatral en Santiago
Paula Carballeira
Data: 12 de xuño, 16:30 h.
Compostela en pegadas moradas. Historias de escritoras contadas na cidade
Arancha Nogueira
Data: 13 de xuño, ás 16:30 h.
Paseo Crime en Compostela, que levará o público polos escenarios da novela de Carlos Reigosa que cumpre 40 anos e polos espazos do xénero negro da cidade.
Mario Regueira
Data: 15 de xuño, ás 16:30 h.
Paseo Crime en Compostela, que levará o público polos escenarios da novela de Carlos Reigosa que cumpre 40 anos e polos espazos do xénero negro da cidade.
Mario Regueira
Data: 16 de xuño, 16:30 horas.
Camiños de letras en Compostela
“Un percorrido virtual por Compostela a través de once escenarios nos que transcorren cinco obras de xénero negro. Esta é a proposta que presentaba o pasado 24 de outubro, Día Mundial da Biblioteca, a Consellaría de Cultura na Biblioteca Ánxel Casal. O proxecto, que está albergado no propio web da Biblioteca, toma pasaxes das obras Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa; Ambulancia, de Suso de Toro; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; O crime da rúa da Moeda Vella, de Román Raña; e Seis cordas e un corazón, de Roque Morteiro. A través de textos destas obras xeolocalizados en cadanseu espazo, e acompañados da opción de escoitalos na voz de actores de dobraxe habituais nas nosas pantallas, o proxecto propón achegarse á cidade do Apóstolo mediantes as letras, con versións en galego e en castelán.” Desde Cultura Galega.