Arquivos da etiqueta: Darío Xohán Cabana
Cospeito: concerto de Son de Corda en lembranza de Darío Xohán Cabana
Vals da lingua, do grupo Crúas, baseado nun poema de Darío Xohán Cabana
Lugo: concerto-presentación de Na Casa Deles
Concertos de presentación de Na Casa Deles 2023
Biblioteca Rural de San Martiño de Pino (Cospeito): acto de doazón de exemplares da obra e da biblioteca de Darío Xohán Cabana
Os premios Follas Novas do Libro Galego 2023 anuncian os seus finalistas
Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2022, escolleron os seus finalistas para esta oitava edición que suman trinta e nove candidatos/as entre títulos, iniciativas, proxectos e profesionais. As gañadoras dos premios Follas Novas 2023 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 22 de abril no Teatro Principal de Compostela. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta de Galicia.
As trinta e nove obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de catro fases e que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso supón unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que supuxo a selección dun cento de títulos entre os publicados ao longo de 2022. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron escollidas as candidatas en cada categoría. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o sábado, 22 de abril de 2023, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a xa tradicional gala de entrega de premios Follas Novas do Libro Galego.
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia
A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia
O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia
Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia
O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia
Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA INFANTIL
Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia
O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio
O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (Ilustrador). Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA XUVENIL
A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia
A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Cando leo. Bea Gregores, (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia
Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora
Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador). Edicións Embora
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Miñoca e pega. Iván R., Ramón D. Veiga. Edicións Xerais de Galicia
Pequena historia de Vigo. Pedro Feijoó, Xosé Tomás. Edicións Embora
Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora
Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). VV. AA. Edición de Inma Doval Porto. Editora Urutau
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editora.
Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento
O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Țîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Barroco. Antía Otero. Apiario
Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia
Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia
Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Barroco. Antía Otero. Apiario
Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Canle de Youtube de Neeumatiko
Surfeando libros
Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña
A Coruña: Homenaxe da Real Academia Galega a Darío Xohán Cabana
Lois Pérez: “Cando escribes, o que agroma sempre é a nosa experiencia do mundo, mesmo negándoa”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Lois Pérez en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Que novela o reconciliou coa literatura?
– Lois Pérez (LP): Nunca me anoxei tanto coa literatura como para ter que reconciliarme con ela. Pero, por exemplo, hai un par de anos encadeei seguidas Moby Dick, de Herman Melville e Sen novidade na fronte, de Erich Maria Remarque. Despois pasei un par de meses sen poder ler nada, volvía ás páxinas marcadas destes dous libros unha e outra vez. (…)
– B: Escribirá as súas memorias?
– LP: Non, sería un exercicio reiterativo. Dalgún modo, iso está presente no que un mesmo escribe, dun ou doutro xeito, malia que sexa unha ficción. Melville, por exemplo: Moby Dick pasou desapercibido cando o publicou, morreu na pobreza absoluta. Pero sería impensábel que escribise nada diso se non tivese traballado nas aduanas marítimas ou nun barco baleeiro. O que agroma sempre é a nosa experiencia do mundo, mesmo negándoa.
– B: Que autor/a considera responsable de que vostede se dedique á literatura?
– LP: Polo Darío Xohán Cabana, agora seino, sempre tiven unha vaga idea do que implicaba ser escritor e era algo que me atraía, aínda antes de pensar en escribir nada. Supoño que mitifiquei esa actividade desde neno. Despois, Jorge Luis Borges ou Bob Dylan. Así de claro. Sen as súas cancións e os seus libros eu non tería comezado nada. Non digo que leve eu gran cousa tampouco. (…)”
Anxo Angueira: “Vai medrando na cabeza unha novela que quero escribir desde hai dez anos, pero moi pouco a pouco”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Anxo Angueira en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Que novela o reconciliou coa literatura?
– Anxo Angueira (AA): Nunca tiven que reconciliarme coa literatura. Pero houbo algunhas que me deixaron marca nese sentido. Por exemplo La saga fuga de J-B, de Gonzalo Torrente Ballester, e Bretaña, Esmeraldina, de Méndez Ferrín. (…)
– B: Que libro lle gustaría ter escrito?
– AA: A min gustaríame escribir a novela que quero escribir desde hai máis de dez anos. Vai medrando na cabeza, pero moi pouco a pouco. (…)
– B: E un libro galego posterior ao 1970 que adora?
– AA: Cabalgada na brétema, de Darío Xohán Cabana. (…)”