
Arquivos da etiqueta: Despois de San Castelao. Unha biografía do mesías galego
Conversa de Inma López Silva coa poeta María Lado sobre Despois de San Castelao, en Vigo
Presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva, en Vigo
Vigo: presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva
Tui: presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva
Compostela: presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva
Presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva, en Compostela
Presentación de Despois de San Castelao, de Inma López Silva, en Tui
Nace Moléculas Editorial
“Con sede na cidade de Tui, Moléculas Editorial é un proxecto longamente traballado polo escritor, músico e editor Francisco Castro, que estará á fronte da editorial, coa coordinación editorial da escritora Inma López Silva.
A nova editorial nace cunha vontade clara: publicar libros en galego pensados para un lectorado esixente, obras que teñan unha voz propia e que merezan formar parte dun catálogo coidado e coherente.
Moléculas pretende que sexa a calidade dos proxectos, e non exclusivamente as expectativas comerciais, a que determine que libros publicar. Nun momento no que a velocidade do mercado editorial impón con frecuencia os seus criterios, o novo selo aposta por traballar con calma, seleccionar con rigor e coidar cada libro.
«Queremos publicar libros que nós mesmos queiramos ler» resume o espírito dun proxecto que aspira a construír, pouco a pouco, un catálogo de títulos en galego capaces de dialogar cun público lector interesado en propostas literarias singulares e de calidade.
Os primeiros títulos
Moléculas Editorial inicia a súa andaina con dous libros moi diferentes, pero que comparten esa vontade de ofrecer aos lectores propostas literarias con personalidade.
O primeiro é Despois de San Castelao. Unha biografía do mesías galego, de Inma López Silva. Ata o de hoxe non existía na nosa lingua unha biografía realmente divulgativa do rianxeiro. O libro aborda a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao desde as súas múltiples facetas —debuxante, político, orador, escritor e exiliado— e pretende achegar ao público xeral unha visión divulgativa da súa figura, ao tempo que recupera aspectos menos coñecidos e mesmo controvertidos da súa vida.
O segundo lanzamento é Lázara, de Rexina Vega, o seu primeiro libro como poeta logo dunha extensa e fecunda obra narrativa. Estamos diante dun libro que se adentra na experiencia da enfermidade e na travesía do corpo, a quimioterapia, a posibilidade da morte e a procura dun lugar desde o que volver mirar. Unha voz que, fronte á dor e á perda, reivindica tamén a beleza, a gratitude e a esperanza.
Nos vindeiros meses verá a luz un poemario híbrido (poesía, narrativa e fotografía) e moi diferente a toda a súa produción anterior, do poeta Baldo Ramos, así como a poesía inédita dunha importante intelectual galega que se anunciará dentro de pouco.
Os dous primeiros títulos de Moléculas Editorial estarán axiña dispoñibles nas librarías, dando así comezo á andaina pública dun proxecto editorial decidido a facerse un lugar no panorama editorial galego.”






