O
luns 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar unha roda de prensa sobre o libro Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. No acto, xunto ao autor, participará Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Padrón: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Sar (Praza de Macías, 5) de Padrón, preséntase o libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. O acto contará coa participación do autor.
O Carballiño: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Cervexaría Eira das Flores, no Carballiño, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e a colaboración da Libraría Escolma, participa, xunto ao autor, Eladio Cabanelas.
Entrevista a María Xosé Queizán en Faro de Vigo
Entrevista
a María Xosé Queizán en Faro de Vigo, desde Xerais:
“(…) FdV: La novela [Meu pai vaite matar] se desarrolla entre Galicia y la Patagonia. ¿Por qué decidió trasladarla a Argentina?
– María Xosé Queizán (MXQ): Hice el año pasado un viaje a esta zona y fue una verdadera maravilla. Navegué entre glaciares y elefantes marinos y conocí la historia de sus tribus. Al regresar, decidí que tenía que convertirlo en el escenario de una novela.
– FdV: ¿Podríamos definirla como novela policíaca?
– MXQ: Novela policíaca y de aventuras. Pero toca muchos temas, entre ellos uno determinante, el del abuso sexual. Tiene más de 300 páginas pero puedo asegurar que resulta muy entretenida. (…)
– FdV: Ha sido un año muy fructífero para usted, con estas dos nuevas obras publicadas.
– MXQ: Estoy en una etapa muy productiva y, al mismo tiempo, sigo con la revista Festa da palabra silenciada. Me gratifica mucho escribir y quiero aprovechar el momento. No creo en la inspiración y sí en el esfuerzo y la imaginación”.
Publicado en Best European Fiction 2012 un relato de Agustín Fernández Paz
“Publicouse
xa o libro Best European Fiction 2012, onde aparece o relato This Strange Lucidity, de Agustín Fernández Paz, pertencente ao libro O único que queda é o amor. Trátase do primeiro autor galego en ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press, baixo a responsabilidade de Aleksandar Hemon, co relato Esta estraña lucidez. O único que queda é o amor foi traducido ao inglés por Jonathan Dunne. A antoloxía publícase cunha tira de 15.000 exemplares. Para Dunne, Esta estraña lucidez é formalmente máis anovador que outros relatos do conxunto, porque a voz narradora é o fantasma dun can.” Vía Xerais.
Santiago: presentación do libro Xeografía de Galicia
O
xoves 15 de decembro, ás 11:00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (Praza da Universidade, 1), terá lugar a presentación do libro Xeografía de Galicia, coordinado por María José Piñeira Mantiñán e Xosé Manuel Santos Solla, publicado en Xerais, elaborado por un amplo equipo de profesionais vencellados aos estudos xeográficos e á Universidade de Santiago. O acto contará coa participación dos coordinadores e o editor Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán
O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, acompañando á autora, participa Manuel Bragado.
O Dicionario Xurídico Galego achega 2.000 entradas de léxico especializado
“O
secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaba na tarde do luns 12 de decembro en Compostela o Dicionario Xurídico Galego, un proxecto pioneiro neste campo. A obra, promovida pola Revista Xurídica Galega e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ve a luz da man de Edicións Xerais e achega aproximadamente dúas mil entradas, con conceptos esenciais de Dereito, información crítica sobre a lexislación estatal e mais termos e institucións propias do Dereito Civil galego. Segundo sinalou Lorenzo, o traballo é “unha obra monumental coa que a nosa lingua acode a unha nova cita coa historia”. O novo dicionario contou coa participación de 120 especialistas e desenvolveuse ao longo dos últimos catro anos.” Vía Cultura Galega. Tamén en Xerais.
Bruxelas: presentación de Extramunde, de Xavier Queipo
O
xoves 8 de decembro, ás 18:30 horas, na Libraría Orfeu de Bruxelas (Willem de Zwijgerstraat, 43, Rue du Taciturne), preséntase Extramunde, de Xavier Queipo, publicada en Xerais.
Xavier Queipo: “O exercicio da crítica mantenme vivo e optimista”
Entrevista
de Ramón Nicolás a Xavier Queipo en Qué leer, a través de Xerais:
“(…) Qué Leer (QL): Vive fuera de Galicia pero su voz, siempre crítica, está aquí para quien quiera escucharla.
– Xavier Queipo (XQ): El ejercicio de la crítica me mantiene vivo y optimista. Lo de vivir fuera con frecuentes visitas al país proporciona un punto de vista distinto, ni mejor ni peor, pero distinto. Lástima que hayan cerrado ciertos medios en los que tenía libertad para presentar mis ideas. Quedé huérfano de canales de expresión y repugnado definitivamente con nuestros gobernantes autonómicos (del Partido de los Peores.)
– QL: El viaje, el naturalismo, los escenarios marítimos, la aventura, el respeto a la diferencia, la crítica al poder están en su obra. ¿También en Extramunde?
– XQ: Ciertamente. El nivel cero de lectura sería una novela de aventuras clásica, pero después están otros niveles más vindicativos y políticos, como los que usted apunta. El naturalismo y los escenarios marítimos están presentes en muchas de mis obras. Uno habla con más seguridad de lo que sabe. Destacaría también una apuesta formal en la construcción de personajes atractivos y de narradores alternativos. (…)
– QL: Que expectativas deposita nesta novela?
– XQ: Soy consciente del interés que los premios Xerais despiertan en Galicia. Por eso invertimos en reutilizar parte del dinero del premio para hacer unas presentaciones espectaculares en Compostela y Vigo, con dramatizaciones , danza contemporánea y una performance mezclando música, textos e imágenes. El público lo agradeció y los medios de comunicación ignoraron los eventos. No se puede esperar mucho de profesionales mal pagados. Fuera ya es otra cosa, pues aún hay muchos prejuicios en el Estado sobre los sistemas literarios que so sean el castellano, una carencia de imperialistas fracasados, que en vez de ver una riqueza en la pluralidad de lenguas ven un peligro.”