Compostela: actividades do 10 de outubro na SELIC 2026

SELIC (Semana do Libro de Compostela) 2026

Toda a información aquí.

A Deputación da Coruña homenaxea a Begoña Caamaño e Fran Pérez, Narf, dándolle os seus nomes a dous premios de Cultura

Desde a Deputación da Coruña:
“A escritora Begoña Caamaño dará nome ao novo premio que recoñecerá persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven a igualdade de xénero e o músico Fran Pérez, Narf, ao certame de grupos e artistas musicais da área de Cultura da Deputación da Coruña. A vicepresidenta e deputada de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, presentou as novas convocatorias acompañada de tres persoas moi vinculadas cos dous artistas, Uxía, Bea Caamaño e Josemari Etxaniz.
“Os dous premios buscan dialogar coa contemporaneidade, que a xente nova se achegue a estas grande figuras que nos deixaron en momentos magníficos das súas traxectorias artísticas, persoas que tiñan un gran futuro que queremos trasladar ás novas xeracións porque consideramos que as súas obras deixan xermolos para que a xente nova se encardine nelas”, dixo Goretti Sanmartín Rei no acto de presentación dos premios no que estivo acompañada de Uxía, que mantiña cos dous unha intensa relación de amistade e de proxectos comúns, e de Bea Caamaño e Josemari Etxaniz, irmá e compañeiro de Begoña Caamaño.
A responsábel da área de Cultura da Deputación destacou o novidoso do premio Begoña Caamaño que busca recoñecer persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura. “Recolle os ámbitos en que Begoña Caamaño traballou na súa vida como activista feminista e cultural, comprometida cos dereitos das mulleres e na súa faceta de escritora”, explicou Goretti Sanmartín. Sigue lendo →

A Matanza, Padrón: 130 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

Tarxeton130Aniv.15X-2015

Carballo e Muxía: actividades polo Día de Rosalía

CARBALLO2015-02-25 Eu-son-Rosalia-Carballo_2015

MUXÍA2015-02-25 Muxía Día de Rosalía

Rosalía, letrista do ano

Desde Sermos Galiza:
“Se algunha conclusión se pode tirar conta de discos deste 2013 a piques de rematar é que Rosalía se consolida como a maior letrista para a nosa música. Uxía, Tempo Catro, Najla Shami, Aid, Xosé e Xiana Lastra con María Manuela e Mini e Mero, Narf, Joaquín Pixán con Alejandro Zabala e agora A Cada Canto, entre outras propostas, puxéronlle música aos seus poemas.
Aid con Rapoemas ou Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego con Rosalía XXI adiantaron o que sería o grande ano de Rosalía como letrista, na estala de Amancio Prada, Los Tamara ou Luz Casal, todas elas voces para a grande poeta que vería como o 2013 coa conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos se convertería tamén nunha explosión de publicacións nas que os seus poemas pasarían a ser cancións nos máis diversos ritmos, en ampla variedade de estilos. (…)”