“Despois do repouso do verán, as editoriais galegas prepáranse para a recta final do ano cunha oferta que abrangue os xéneros e autores máis diversos. Unha das novidades máis esperadas nos andeis é a das novelas galardoadas nos premios Xerais. O gañador, Xavier Queipo, recupera o xénero de aventuras en Extramunde, un relato de mar e viaxes. Na categoría infantil triunfou nestes premios a ciencia-ficción. A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, fala da creación do primeiro ser humano artificial nunha literatura cargada de fantasía e humor. O terceiro premiado, Héctor Carré, publica a novela xuvenil Febre, unha historia do Oeste situada en terras galegas na que non faltan espías, armas e unha moza que decide non someterse ao destino e forxar o seu propio camiño. Estas tres novelas estarán acompañadas do último traballo de María Xosé Queizán, que presentará nos próximos meses Meu pai vaite matar (Xerais). Outra das novidades estrela será a nova entrega de Domingo Villar protagonizada polo detective Leo Caldas. Despois de Ollos de auga e A praia dos afogados, chega Cruces de pedra (Galaxia), unha novela que arranca coa desaparición dunha muller en Moaña. Nesta editorial publicarase tamén Laura no deserto, o regreso de Antón Riveiro Coello, e Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias. (…)” Vía La Voz de Galicia.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Monforte: actividades destacadas do sábado 27 na Feira do Libro
A
XIV edición da Feira do Libro de Monforte remata o sábado 27 de agosto, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, contando, neste último día, coa seguinte actividade destacada:
– 19:00 h. Presentación do libro Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, publicado en Xerais, coa participación do propio autor.
Carballo: actividades literarias do venres 26 de agosto na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 26 de agosto:
– 19:30 h. Presentación de Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, publicado en Xerais. Participan Silvana Castro, Manuel Bragado e o propio autor.
– 20:15 h. Sinatura das súas obras por parte de Xosé Neira Vilas.
– 20:30 h. Conversa con Ignacio Silva, autor de Cara B, e Rosalía Fernández Rial, autora de Átonos.
O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.
Carballo: actividades do xoves 25 de agosto na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 25 de agosto:
– 13:00 h. Pregón a cargo de Rosalía Fernández Rial, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
– 19:30 h. Presentación do libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto estará acompañada por Celsa Sánchez, Paco Graña e a música de O Mighelo.
– 20:30 h. Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Regueira, Manuel Bragado e Luz Cures.
O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.
A Coruña: actividades do venres 5 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do venres 5 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que estará aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación do libro infantil O espantallo, de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
– 19:30 h. Presentación do libro Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, publicado por Xerais. Xunto ao autor, participan Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado.
– 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez), na Coruña: A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley, coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías.
A Coruña: actividades do mércores 3 na Feira do Libro
Estas
son as actividades destacadas do mércores 3 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolve nos Xardíns de Méndez Núñez até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Presentación do libro Todo é silencio, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor o músico Rómulo Sanjurjo e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación da novela negra Pegadas nun labirinto baleiro, de Xosé Manuel García López, publicada por Baía Edicións.
– 20:30 h. Miguel Anxo Fernán-Vello asina exemplares do poemario Territorio da desaparición (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
– 21:00 h. Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.
A Coruña: actividades do martes 2 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas dentro das previstas para o martes 2 de agosto na 40º edición da Feira do Libro da Coruña, aberta nos Xardíns de Méndez Núñez até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro In vino veritas, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Mercedes Queixas.
– 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela Non hai noite tan longa, publicada en Xerais.
– 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto e Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
A Coruña: actividades do luns 1 na Feira do Libro
Estas
son as actividades literarias máis destacadas previstas para o luns 1 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolverá, como todos os anos, nos Xardíns de Méndez Núñez, até o vindeiro mércores 10 con horarios entre as 11:00 e 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
– 20:00 h. Presentación do libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, e actuación de Clara Pino.
– 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro A ciencia no punto de Mira, publicado por Auga Editora.
– 20:45 h. Presentación dos libros Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicados por Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.
Vídeo da presentación en Santiago de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
Vídeo da presentación do domingo 24 de xullo no Festigal do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais:
Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” from Redelibros on Vimeo.
Entrevista a Carlos Callón en Radiofusión
‘”En
ningún ámbito podemos vivir en galego con normalidade”, láiase o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, quen se cadra por iso reparou na necesidade de crear unha sorte de manual para protexer o uso do idioma propio en sociedade. Así naceu Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, a última obra que Callón deu o prelo e cuxo título contaba cun engadido alternativo que dicía como facelo sen padecer unha úlcera de estómago. Mais finalmente o autor decidiu retiralo para presentar un carácter máis positivo nun libro que funciona, recoñece sen ambaxes, como manual de autoaxuda ou mesmo, de autodefensa. O volume sae publicado por Xerais e vai ser presentado en sociedade no Festigal que se celebra esta fin de semana en Compostela. Requirido pola mellor defensa coa que contan aqueles que desexan empregar o galego sen restricións, Callón sostén que “o máis revolucionario segue a ser falalo” e, a seguir, conxugar tres verbos: “usar, escoller e solicitar”.’ Vía Xerais: