O
sábado 21 de maio, ás 20:00 h., na Casa do Pobo (Avenida de Bueu, 14) de Cangas, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan Iago Santos Castroviejo, Manuel Bragado e o propio autor.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
A Coruña: espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta, con Fran Alonso e Xurxo Souto
O venres 20 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte, s/n.) da Coruña, Fran Alonso e Xurxo Souto presentan o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía converterase en maxia, música e xogo e soará o acordeón. O acto está organizado pola Librería Sisargas e Edicións Xerais.
Lugo: actividades do mércores 18 ao venres 20 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), aberta até o domingo 22 de maio, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. O programa completo pódese consultar aquí.
– O mércores 18, ás 20:00 horas, preséntase Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– O xoves 19, ás 20:00 horas, preséntase o número 14 da revista Xistral, publicada polo Concello de Lugo. No acto haberá un recital dos autores dos poemas recollidos na publicación, coa coordinación do director da mesma Camilo Gómez Torres. Participan tamén Xosé Clemente López Orozco e Nuria Mundiña López.
– O venres 20, ás 20:00 horas, preséntase Abrapalabra!, de Carlos Coira (mago) e Antón Cortizas (poeta), publicado pola Editorial Galaxia.
Seixalbo (Ourense): presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
sábado 14 de maio, ás 17:30 h., nas Canellas (Seixalbo, Ourense), preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola Asociación Irmandiños de Seixalbo e a Mesa pola Normalización Lingüística, e contará coa presenza do autor.
Vigo: presentación de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso e Xurxo Souto
O
venres 13 de maio, ás 18:30 horas, Fran Alonso e Xurxo Souto presentan na Librería Libros para Soñar na (Rúa Triunfo, 1) de Vigo o espectáculo poético musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía convertirase en maxia, música e en xogo, e soará o acordeón. O espectáculo está baseado no libro dos autores publicado en Xerais.
Vilalba: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 13 de maio, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Instituto de Estudios Chairegos e a Mesa pola Normalización Lingüística, acompañará ao autor Xosé María Felpeto Enríquez.
Carballo: presentación de Cara B, de Ignacio Silva
O
venres 13 de maio, ás 20:00 h., no Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n.) de Carballo, preséntase o libro Cara B, de Ignacio Silva, publicado en Xerais. No acto, acompañando ao autor, participan Rober Bodegas e Manuel Bragado.
109 obras compiten nos tres premios Xerais 2011, que se fallarán o vindeiro 11 de xuño
Os
xurados dos Premios Xerais declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 3 de xuño. Os premios serán fallados o sábado 11 de xuño na illa de San Simón. Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2011, nomeou aos membros dos tres xurados:
– O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorren corenta obras, está formado por: Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
– O xurado da V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e tres obras, esta formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora), María Dolores Tobío Iglesias (profesora), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
– O xurado da XXVI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren corenta e seis obras, está formado por: Rodrigo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
Vigo: presentación de A memoria e o esquecemento, de Gonzalo Amoedo
O
martes 10 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López. O acto, organizado pola Asemblea Republicana de Vigo, a Casa do Libro e Edicións Xerais, contará coa participación de Celso López Pazos, Xosé Manuel García Crego e do propio autor.
Gondomar: presentación de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso
O sábado 7 de maio, ás 12:00 horas, na Librería Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto presentan o espectáculo poético musical O meu gato é un poeta, dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos e tamén, por suposto, a adultos. Durante a sesión, a poesía converterase en maxia, música e xogo e soará o acordeón.

