(Galaxia)
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Arzúa: presentación de Nunca te vin chorar, de Miguel Suárez Abel
O luns 12 de xullo, ás 20:30 h, na Capela da Madalena, en Arzúa, preséntase o libro Nunca te vin chorar, de Miguel Suárez Abel, publicado por Galaxia. No acto participan o autor acompañado polo concelleiro de cultura do Concello de Arzúa, Xosé Luís García.
Vigo: presentación de Un home impuntual, de Pepe Cáccamo
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o venres 9 de xullo, ás 20:30 horas, Pepe Cáccamo presenta o seu libro Un home impuntual, publicado en Galaxia. No acto participan o autor acompañado de Francisco Castro.
Previamente, a partir das 20:00 horas, Pablo Díaz e Marc Taeger asinarán exemplares do seu libro–disco Tic Tac, publicado por Kalandraka Editora.
Vigo: presentación de O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o xoves 8 de xullo, ás 20:30 horas, preséntase O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto participarán Xesús Domínguez Dono, Ledicia Costas e o propio autor.
A Coruña: presentación de Nunca te vin chorar, de Miguel Suárez Abel
O xoves 8 de xullo, ás 20:00 horas, preséntase o libro Nunca te vin chorar, de Miguel Suárez Abel, publicado por Galaxia, na Librería Nós (Praza do Libro, 1), na Coruña. No acto participan Carlos Lema, Cecilia Martínez e o propio autor.
Vigo: María Reimóndez e Benigno Campos asinan exemplares da súa obra na Feira do Libro
No marco da Feira do Libro de Vigo, este mércores 7 de xullo a partir das 19:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares de O monstro das palabras, publicado en Xerais, e do resto da súa obra. A partir das 19:30 horas, fará o mesmo Benigno Campos co seu libro A cociña de Larpeiros, publicado en Galaxia.
Vigo: presentación de O soño (re)dirixido, de Vítor Vaqueiro
No marco das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 20:30 horas, Vítor Vaqueiro presenta O soño (re)dirixido, publicado por Galaxia. No acto participarán Víctor F. Freixanes, Xosé María Álvarez Cáccamo e o propio autor.
Vigo: presentación de Xuvia-Neda, de Vicente Araguas e sinatura de libros de X. R. Quintana Garrido
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 19:30 horas, Vicente Araguas presenta Xuvia-Neda, publicado por Xerais. No acto participarán Manuel Bragado e o propio autor.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, Xosé Ramón Quintana Garrido asinará exemplares do seu libro Un longo e tortuoso camiño, publicado por Galaxia.
Vigo: presentación de Covalladas, de Xurxo Borrazás
No marco da Feira do Libro de Vigo, o luns 5 de xullo, ás 20:30 horas, Xurxo Borrazás presentará Covalladas, publicado por Galaxia. No acto participarán Carlos Lema, Arturo López Regueiro e o propio autor.
Lugo: presentación da obra completa de Luis Pimentel
