Arquivos da etiqueta: Editorial Toxosoutos
A Illa de Arousa: presentación de Tríade Tétrica, de Javier García García
Presentación de Tríade Tétrica, de Javier García García, na Illa de Arousa
Presentación de Cen Ilíadas, de Marcelino Fernández Mallo, en Pontedeume
Pontedeume: presentación de Cen Ilíadas, de Marcelino Fernández Mallo
Presentación de Cen Ilíadas, de Marcelino Fernández Mallo, en Betanzos
Betanzos: presentación de Cen Ilíadas, de Marcelino Fernández Mallo
Máscaras e ambición: Fernández Mallo explora a xungla do mundo empresarial
Entrevista de Manuel Xestoso a Marcelino Fernández Mallo en Nós Diario:
“A delegación dunha multinacional vive un ambiente de máxima tensión e desconfianza. Tras un brusco cambio no organigrama da dirección comezan a darse movementos estraños que desembocan en secuestro e asasinatos. A última novela de Marcelino Fernández Mallo, Cen Ilíadas (Toxosoutos), sitúa no mundo da empresa un thriller que presenta o 25 de marzo na Libraría Couceiro de Compostela, acompañado de María Obelleiro e Lourenzo Fernández Prieto.
Fernández Mallo, un economista cunha longa traxectoria literaria, recoñece, en conversa con Nós Diario, que a súa carreira profesional en diferentes sectores empresariais influíu na creación dos perfís e vicios que retrata na novela. “Indubidabelmente. Todo exercicio de ficción parte sempre dunha base real. Neste caso, a identificación é clarísima por dúas vías fundamentais: o escenario, que é o da multinacional –coas súas estratexias e relacións complexas coa administración– e a riqueza de perfís humanos cos que tratei”.
Eses perfís humanos reflicten personalidades moi específicas que se definen pola súa posición na xerarquía da empresa, porque esta “ten tantos postos e funcionalidades que as distintas personalidades emerxen desde o máis fondo. Iso é moi enriquecedor para un escritor e trasládase aos personaxes, que están moi marcados polo que eu defino como un teatro de aparencias”.
Un teatro de aparencias que provoca unha dualidade entre o perfil profesional e persoal das personaxes. “Esa dualidade é visíbel desde o primeiro contacto que tes con esta xente. Teñen un modo de comportarse na casa ou cos amigos, pero poñen unha máscara no momento en que pisan a oficina. Alí teñen obxectivos moi específicos e o seu primeiro propósito, por riba de calquera outro, é sobrevivir”. (…)”







