Desde
A Sega:
“”O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Álex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro” (p. 9). Estas primeiras liñas coas que comeza a novela de Eva Mejuto xa nos sitúan nunha temática de “portas para dentro”. Esa que non só resultaba invisible para as personaxes do relato senón tamén para a sociedade.
“22 segundos relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe_sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.” (contraportada). A escolla desa primeira persoa é un acerto por parte da autora porque nos aproxima a unha realidade continuamente ignorada. Si, é certo, que todas as persoas escoitamos falar de homes e mulleres trans, pero comprendemos o que significa? comprendemos os atrancos que as leis supoñen nun país no que nos manifestamos pola liberdade sexual de cada quen? comprendemos, e pregunto con sinceridade, o que supón o día a día nun mundo completamente inzado de prexuízos? Pois esa primeira persoa, Alex, cóntanos o cotiá, os problemas no diario, pero non só. Eva Mejuto opta por facer unha narración positiva, desde o respecto e cun amor infindo. Un amor infindo na familia ( nesa figura do avó que nos emociona páxina tras páxina), na parella ou no mesmo Alex no seu proceso de autocoñecemento e transición. Esta elección non é secundaria. Todo o contrario. Dignificar o contexto ou os procesos crea unha serie de referentes no que as persoas adolescentes que lean esta obra poden encontrar un espello no que mirarse. E son referentes positivos porque, para poder cambiar as cousas, é necesario construír. Pouco a pouco, pero construír. (…)”
Arquivos da etiqueta: Eli Ríos
Pontevedra: contacontos de Eli Ríos sobre Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno
O
venres 2 de xuño, ás 18:00 horas, en Patakafrita (Rúa José Adrio Barreiro), en Pontevedra, terá lugar un contacontos a cargo de Eli Ríos, autora da biografía sobre a escritora María Victoria Moreno, editado por Urco Editora na súa colección Mulleres Bravas da nosa historia.
Pontevedra: presentación da colección Mulleres bravas da nosa historia
Cangas: presentación da colección Mulleres bravas da nosa historia
Fene: contacontos de Eli Ríos sobre o libro Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno
A Coruña: presentación de Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira
Ponteceso: presentación da colección Mulleres bravas da nosa historia
Pontevedra: Vermú entre libros con Eli Ríos, Eva Agra e María Lado
“O cuarto de Eli Ríos”
Desde A Sega:
“Soñar un cuarto. Un cuarto propio en 2017. Soñar. A imposibilidade nunha casa habitada por seres miúdos. Aínda así, renego unha e outra vez dos espazos comúns. Soñar, outra volta. Desta vez, co silencio. Lonxe das saliñas. Afastada dos tránsitos. Róubolle un metro cadrado ao espazo do sono. Ese que tampouco é de meu. Ese no que se abeiran os pesadelos infantís ou os mocos estacionais. Aínda así, soño. De momento, é de balde. Algún día, este metro cadradro contará coa banda sonora do silencio. Mentres tanto… a gata mía un agarimo e as crianzas sorrín. Agradecer non é incompatíbel co cuarto en silencio. Hoxe, agora mesmo, partillo tempos e espazos. Tamén soños. Soñar é necesario. Mentres tanto…”
“Horizontes de mulleres”, por Eli Ríos
Artigo
de Eli Ríos na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“Horizonte e mar, de Paula Cristina Rodrigues, é unha novela das que hai que ler até a última páxina. Desas que, nese punto exacto no que nos parece que comeza a ser pesada…, zas! Dá unha virada e sorpréndenos con aquilo que intuíamos, pero, ao mesmo tempo, negabamos. Queremos ler unha narración plana, pero a autora non o vai permitir. Unha historia, a historia da matriarca Francisca desde aquel decembro de 1947, no que unha traxedia no mar a converte en orfa de pai e de irmán, até xaneiro de 2013 cando morre e o bisneto Dinis recolle a súa memoria.
A narración comeza debullando a historia da peixeira Francisca cando unha desgracia marítima a deixa sen familia. Ese instante no que caen todos os seus apoios e se ten que enfrontar ás dificultades da vida para criar os fillos e sacar a casa adiante sen máis recursos que os que lle proporciona o seu traballo xa que o home se desentende completamente.
O eixo que vertebra a novela é a historia familiar, pero, esta, non acontece illada da sociedade. A través das súas páxinas, asistimos ao nacemento do Porto de Leixões, ao desenvolvemento e modernización de Matosinhos ou Leça da Palmeira, e ao reivindicar das vivencias persoais, nestes procesos, porque a Historia non se escribe nos libros, redáctana as persoas individuais. Presenciamos, entón, unha análise etnográfica, interesante e deliciosa, desde a primeira persoa. Francisca guíanos a un tempo no que as peixeiras camiñan descalzas coas cestas do peixe na cabeza desde o porto até Matosinhos para gañar uns tostões que gardan nos seus aventais, pero, tamén, a unha época na que ser muller era moi complicado. Con catorce anos ela descobre un dos grandes conflitos (e reflexións desta obra): o corpo de muller sobre o que os homes deciden sen impunidade. (…)”






