Entrevista de Uxía Miranda a Eva Mejuto e Nee Barros en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): É a primeira vez para ambes traballando nun libro divulgativo. Como xurdiu este proxecto?
– Eva Mejuto (EM): Naceu a raíz dunha conversa coa editorial Xerais, onde teñen unha gran sensibilidade coa diversidade sexo-xenérica. Eu xa escribira varias novelas xuvenís que trataban o tema, pero tiña ganas de meterme en algo pensado para un público máis pequeno, porque parece que sexualidade e a diversidade empeza no instituto, e nada que ver. A idea de que fose un libro divulgativo xa a tiña na cabeza e pareceume importante que, para este libro en concreto, houbese dúas voces que dialogasen, procedentes de dúas xeracións distintas pero que compartisen unha mesma maneira de pensar e de entender o mundo. Aí tiven claro que o meu compañeire tiña que ser Nee, con quen colaboro en moitísimas cousas relacionadas co activismo. E o libro deu moitas voltas, porque todo comezou hai 3 ou 4 anos!
– FV: E como vivistes esa primeira experiencia de escrita a catro mans? Repetiríades?
– Nee Barros (NB): Para min foi un proceso moi enriquecedor e que repetiría. Ademais, hai algo moi bonito na propia concepción do libro: eu coñecín a Eva cando eu aínda era un adolescente que estaba buscando referentes e Eva escribira un libro, 22 segundos, que fala da realidade trans. Nós agora intentamos continuar esa idea de que a xente diversa, de calquera identidade e orientación, teña referencias e poida verse reflictida nun libro. (…)”
Arquivos da etiqueta: Nee Barros
Compostela: obradoiro de guía de linguaxe non binaria, con Nee Barros e Alva Lourenço
Obradoiro de guía de linguaxe non binaria, con Nee Barros e Alva Lourenço, en Compostela
Compostela: presentación práctica de Guia de linguagem não binária, de Nee Barros e Alva Lourenço
Presentación práctica de Guia de linguagem não binária, de Nee Barros e Alva Lourenço, en Compostela
Porto: conversa arredor do Guia de Linguagem não binária
Conversa arredor do Guia de Linguagem não binária, em Porto
Compostela: Xornada de formación para docentes arredor da memoria histórica Fai Memoria!, o 25 de abril


Este é o programa da segunda edición de FAI MEMORIA, unhas xornadas de formación para docentes arredor da memoria histórica, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril en Santiago de Compostela, no centro social Maruxa e Coralia. As persoas interesadas poden anotarse á xornada escribindo ao email: faimemoriaxornada@gmail.com
A finalidade deste encontro é tecer redes de colaboración arredor da memoria democrática e a docencia, e dotar o profesorado de formación e recursos para traballar a memoria na aula, tamén a partir da literatura. Non hai problema por asistir só a parte da xornada, faise inscrición para controlar o aforo da sala e, sobre todo, do roteiro de Lorca en Compostela.







