19.00 h. A escritora Rosa Aneiros
asinará exemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009), Ás de bolboreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009), e do resto da súa obra.
19.00 h. A Fundación Luís Seoane presenta o Dicionario Seoane, de Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xosé Díaz, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares. Participarán no acto Xosé Díaz e Alberto Ruiz de Samaniego.
19.30 h. Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, coautores de Níxer (libro solidario a favor da ONG Acción Contra a Fame), asinarán exemplares do libro, publicado por Xerais.
20.00 O escritor Francisco Castro presentará o seu libro O segredo de Marco Polo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Dores Tembrás.
20.30 O escritor Jesús María Reiriz Rey asinará exemplares do seu libro Galicia oculta y negra, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación do libro El árbol ausente, de Catherine François, publicado pola editorial Demipage. Presentará o acto Santiago Auserón, traductor do libro, Tati Mancebo e a propia autora.
Arquivos da etiqueta: Feira do Libro da Coruña
A Coruña: programa do domingo 1 de agosto na Feira do Libro
11.00 h. Apertura da feira.
12.30 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e pregón a cargo do escritor coruñés Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Sinatura de libros de Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Presentación do libro Proxecto Terra, de José Manuel Rosales, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel de la Iglesia, presidente da delegación coruñesa do COAG e o decano do colexio Celestino García Braña.
20.00 h. Tim Bowley, autor dos textos e Oscar Villán, autor das ilustracións asinarán exemplares do seu libro O rei Oso Branco, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. A Asociación Ponte nas Ondas presenta o libro disco Cores do Atlántico, con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell, editado por PAI – música. Participan no acto Socorro Lira, Uxía Senlle e o presidente da Asociación, Santiago Veloso.
20.30 h. O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro Ladrones de Historia, publicado pola Editorial Alrevés.
21.00 h. Presentación e sinatura dos libros Este circo es un desastre, El bazar de los sueños e Las preguntas de Nair, de Miguel Ángel Villar Pinto (textos), María Seoane (ilustradora) e Mar del Valle (ilustradora), publicados pola Editorial Edimáter. Asistirán ao acto o autor e ilustradoras dos libros e Marina Seoane Pascual, en representación da editora.
A Coruña: programa da Feira do Libro 2010
Do domingo 1 de agosto até o martes 10 desenvolverase na Coruña a 39 edición da Feira do Libro, do que deixamos aquí as actividades previstas, que cada día iremos lembrando neste blog:
Día 1. Domingo
11.00 Apertura da feira.
12.30 Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña. Pregón a cargo do escritor César Antonio Molina.
19.00 Firma Cesar Antonio Molina
19.00 Presentación do libro Proxecto Terra, de José Manuel Rosales, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel de la Iglesia, presidente da delegación coruñesa do COAG e o decano do colexio Celestino García Braña.
20.00 Tim Bowley, autor dos textos e Oscar Villán, autor das ilustracións asinarán exemplares do seu libro O rei Oso Branco, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 A Asociación Ponte nas Ondas presenta o libro disco Cores do Atlántico, con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell, editado por PAI – música. Participan no acto Socorro Lira, Uxía Senlle e o presidente da Asociación, Santiago Veloso.
20.30 O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro Ladrones de Historia, publicado pola Editorial Alrevés.
21.00 Presentación e firma dos libros Este circo es un desastre, El bazar de los sueños e Las preguntas de Nair, de Miguel Ángel Villar Pinto (textos), María Seoane (ilustradora) e Mar del Valle (ilustradora), publicados pola Editorial Edimáter. Asistirán ao acto o autor e ilustradoras dos libros e Marina Seoane Pascual, en representación da editorial.
Día 2. Luns
12.00 Obradoiro de marcapáxinas, a cargo de Esther Fernández Cabaleiro.
19.00 A escritora Rosa Aneiros asinará ejemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009) e Ás de bolboreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009).
19.00 A Fundación Luis Seoane presenta o Diccionario Seoane, de Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xosé Díaz, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares. Participarán no acto Xosé Díaz e Alberto Ruiz de Samaniego.
19.30 Os escritores Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, coautores de Níxer (libro solidario a favor da ONG Acción Contra a Fame), asinarán ejemplares do libro, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 O escritor Francisco Castro presentará o seu libro O segredo de Marco Polo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Dores Tembrás, poeta.
20.30 O escritor Jesús María Reiriz Rey asinará exemplares do seu libro Galicia oculta y negra, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación del libro El árbol ausente, publicado pola editorial Demipage. Presentará o acto Santiago Auserón, traductor do libro e participará no acto a autora do mesmo, Catherine François.
Día 3. Martes
12.00 Espectáculo de contacontos a cargo de Iago López
18.00 Presentación de Pasaporte, un poema do poeta maltés Antoine Cassar, con ilustracións de Asya Reznikov e Noel Tanti e adaptación castellana de Carmen Herrera e Antoine Cassar. Xunto co autor, participarán no acto Yolanda Castaño e a ONG Ecodesarrollo Gaia.
19.00 Ánxel Vázquez de la Cruz asinará exemplares do seu libro Luz de Tebra, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 Presentación dos libros La emigración española a Europa en el siglo XX e Hijos y nietos de la emigración española. Las generaciones del retorno coordinados por X. Amancio Liñares Giraut editados polo Grupo España Exterior. Intervirán no acto: Laura Oso Casas, profesora de Socioloxía na Universidade da Coruña, Xesús Fraga, xornalista e o coordinador das obras.
19.30 Benigno Campos, autor do libro A cociña de Larpeiros, publicado por Editorial Galaxia, asinará exemplares do seu libro.
20.00 O escritor Ánxel Vázquez de la Cruz presenta o seu libro Luz de tebra. Xunto co autor, participarán no acto o escritor Manuel Rivas, o doutor Manuel Salorio e Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia.
21.00 O escritor Marcos Calveiro presentará o seu libro Seteccento, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, intervirán Óscar Sánchez e Manuel Bragado.
Día 4. Mércores
12.00 Obradoiro de gardalibros a cargo de Yolanda Calvo Carballo
18.30 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares do seu último libro, Presenza galega en Cuba e do resto da súa obra.
19.00 Presentación do libro Xenaro e a hucha do indiano, da escritora Mar Guerra, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.00 Pablo Díaz, autor do texto e a música e Mark Taeger, autor das ilustracións, asinarán exemplares do seu libro – disco Tic – Tac, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 Presentación do libro Presenza galega en Cuba do escritor e académico Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.30 O escritor Vicente Bellón asinará exemplares do seu libro El trueno y sus gigantes, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación do número 186 da revista Grial: Homenaxe a Luis Seoane. Participarán no acto Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuelo García Iglesias, Victor F. Freixanes, director xeral de Galaxia
Día 5. Xoves
12.00 Maxia. Explorador Esteban Quito, a cargo de Mago Vituco.
19.00 Presentación da colección de libros infantís Rodibico, publicada por Baía Edicións. Participan no acto Manuel Guisande, autor dos textos, Xosé Tomás, autor das ilustracións e o debuxante Siro López.
19.00 O escritor Manuel Rivas asinará ejemplares do seu libro Milú, publicado por Kalandraka Editora. Tamén asinará exemplares do seu libro Todo ben, publicado por Edicións Xerais de Galicia, e do resto da súa obra.
20.00 O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará o seu libro Un último destino, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia.
21.00 Presentación do libro Intersecciones, de Pablo de Aguilar González, publicado por editorial Inéditor. Xunto co autor, participará no acto o escritor Juan Mariñas
Día 6. Venres
12.00 Espectáculo de conta contos a cargo de Mario Tomás.
18.00 O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro La joven de la foto, publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, D. Javier Losada de Azpiazu e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 Presentación do libro Constructores, publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro, representante da editorial.
19.30 O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro Sete palabras, publicado por Edicións Xerais de Galicia e do resto da súa obra.
20.00 O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro Xuvia–Neda, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.30 O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro Una vida en siete días, publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 Mesa Redonda: ¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres? Participan: Rosa Regás, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.
Día 7. Sábado
19.00 Presentación do libro Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e Chinto, publicado por Kalandraka Editora. Xunto cos autores, participará no acto Paz Castro, responsable da editorial.
19.00 Os escritores Celso Castro (autor de El afinador de habitaciones) e Narciso de Gabriel (autor de Elisa y Marcela. Más allá de los hombres), asinarán exemplares dos seus libros, publicados pola editorial Libros del Silencio.
19.30 Presentación da novela O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participará Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 O escritor Sindo Seixido asinará exemplares do seu libro Huellas de amor en la memoria.
20.30 Mesa Redonda: Ser escritora en España. Participan: Milagros Frías, Soledad Puertolas e Espido Freire, e Modera: Fernando Marias. Colabora Ámbito Cultural, de El Corte Inglés.
Día 8. Domingo
19.00 Presentación do cómic Uxío Novoneyra: A voz herdada, de Kike Benlloch (textos) e David Rubín (debuxos), publicado pola Consellería de Cultura e Turismo.
19.30 Músicas no Camiño. Concerto de guitarra a cargo de David González
19.30 A escritora Cristina Gufé firmará exemplares do seu libro 99 cartas a Kafka, publicado por Sial Ediciones.
20.00 Presentación do libro Zampadanzas, do colectivo de baile portugués Pédechumbo, publicado por Edicións do Cumio.
20.30 A escritora Leticia Sánchez Ruíz firmará exemplares da súa novela Los libros luciérnaga, gañador do IX Premio Internacional Emilio Alarcos de novela, publicado pola editorial Algaida.
21.00 Presentación do libro Novoneyra do Courel a Compostela da escritora Carmen Blanco, publicado pola editorial Toxosoutos. Xunto coa autora, participarán no acto a escritora Luz Pozo Garza e David González Couso, director da editorial.
Día 9. Luns
12.00 Maxia. Actuación do Mago Toño
19.00 Presentación da editorial Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro de poesía Cos peitos desenchufados, de Elías Portela e do libro de narrativa As Médulas, de Silvia Bardelás. Estes libros foron publicados por Edicións Barbantesa.
19.00 O escritor Toño Núñez asinará exemplares do seu libro Mago Goma, publicado por Kalandraka Editora.
20.00 O escritor Manuel Portas presentará o seu libro Denso recendo a salgado, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 A escritora Eva Moya, firmará exemplares do seu libro El árbol de los sentimientos, publicado pola Editorial Styria. Ás 21.00 terá lugar a presentación do libro, coa participación da autora.
Día 10. Martes.
19.00 O escritor Fernando Álvarez Bouza, presentará o seu libro El viaje de regreso. Xunto co autor, participará no acto o escritor e profesor Luis Alonso Girgado.
19.30 Recital poético musical de Inés Cuadrado.
20.00 Presentación do libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, do escritor Fernando Fernández Rego, publicado pola editorial Toxosoutos. Xunto co autor, participarán no acto Antonio Amblés, do grupo Los Cafres e David González Couso, director da editorial.
Remata a Feira do Libro da Coruña
Programa do luns 10 de agosto
18.00 A feira dos nenos. Espectáculo de monicreques: Os tres porquiños e algún outro, realizado por Mario Tomás.
19.30 O escritor Xavier Seoane presentará o seu libro Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, publicado pola Editorial Trifolium. Xunto co autor, tamén participarán Miguel Anxo Fernán-Vello e o editor Xan Arias. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.
20.00 A escritora Leticia Dotras Méndez asinará exemplares do seu libro Océanos de una orilla, editado por Publicaciones Arenas.
20.30 A Associaçao de Amizade Galicia e Portugal fai a presentación do libro Galiza: Língua e sociedade (XIV Ensaios). Presenta e modera, Fernando Vasques Corredoira (traductor). Interveñen: António Gil Hernández (editor e co-autor) e Ernesto Vázquez Sousa (co-autor).
Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 9 de agosto
19.00 A feira dos nenos. A escritora Irene Castelos Cortizas asinará exemplares do seu libro Pesadillas al anochecer, publicado por Éride Ediciones.
19.00 A editorial Trifolium presenta o libro de María Casares Residente Privilexiada. Presentará o acto María Lopo. Tamén participarán no mesmo María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do concello da Coruña e o editor, Xan Arias.
19.00 O escritor Luis Sepúlveda asinará exemplares do seu libro La sombra de lo que fuimos (Premio Primavera de Novela), publicado pola Editorial Espasa Calpe e do resto dos seus libros.
19.30 A escritora Consuelo Mariño Bobillo asinará exemplares do seu libro La Coruña bajo el reinado de Fernando VII, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Presentación libro Hasta el fin del mundo, do escritor Manuel Sánchez Dalama.
21.00 A escritora Magdalena del Amo, presentará o seu libro Déjame nacer, publicado pola editorial La Regla de Oro.
Feira do Libro da Coruña: programa do sábado 8 de agosto
19.00 A feira dos nenos. Contacontos da escritora Yolanda Castaño e do debuxante Mario Tomás, arredor do seu libro Cando eu saiba ler, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor, debuxante e actor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Gatos, publicado pola Editorial Ir Indo.
20.00 Presentación do libro Os días adiados, de Correa Corredoira, publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto co autor, participan no acto o poeta e profesor Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.
20.00 A escritora Espido Freire asinará exemplares dos seus último libros: El trabajo os hará libres, publicado pola Editorial Páginas de Espuma e Cartas de amor y desamor, publicada por 451 Editores.
20.30 O escritor Xavier Alcalá asinará exemplares do seu libro Habana Flash, publicado por Ediciones Nowtilus e do resto das súas obras.
21.00 Edicións Laiovento presenta o libro Rosalía de Castro. A luz da ousadía, do escritor Diego Pardo Amado.
Feira do Libro da Coruña: programa do venres 7 de agosto
18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro de rúa Seisdedos, representará a súa obra O galo Kiriko e os seus amigos.
19.00 A escritora Concha Blanco asinará exemplares dos seus libros.
19.00 A asociación MusicArte presentará o seu libro-CD Once máis 15. Poemas musicados.
19.30 O escritor Vicente Iglesias Martelo asinará exemplares do seu libro La Calle Real Coruñesa. Historias y vivencias, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Edicións Laiovento presenta os libros De fala a língua: un proceso inacabado, de María del Pilar García Negro e Sobre o racismo lingüístico, de varios autores e coordinado pola mesma autora.
20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares do seu Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.30 O escritor Luis Lamela asinará exemplares do seu libro Escapado, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
21.00 O humor na feira do libro. Monólogo humorístico de Cándido Pazó.
Feira do Libro da Coruña: programa do xoves 6 de agosto
18.00 A feira dos nenos. A escritora Heidi Kühn-Bode presenta a súa Actividade teatral para nenos realizada arredor do seu libro Falou un queixo, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro A vida do outro (premio Torrente Ballester 2008), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 O escritor Carlos L. Medrano, presenta o seu libro Esfinge. Relatos de pensamento creativo, publicado por 3C3 Editores. Xunto co autor, participan no acto Salvador Naya e Amancio Liñares Giraut.
19.30 O escritor Ignacio del Valle, asinará exemplares do seu libro Los demonios de Berlín, publicado pola Editorial Alfaguara.
20.00 O escritor Luis Pousa Rodríguez asinará exemplares dos seus libros La noche de las palabras, gañador do IX Premio Literario Fernando Arenas Quintela (2009), editado por Publicaciones Arenas e Embigo do mar, publicado por Edicións Espiral Maior.
20.00 O escritor Carlos Mella presenta o seu libro Memorias dun ninguén, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 O escritor Javier Sáez de Ibarra asinará exemplares do seu libro Mirar al agua (Premio Ribera del Duero de Narrativa Breve), publicado pola editorial Páginas de Espuma.
21.00 Recital narrativo musical de Xosé Carlos Caneiro arredor do seu libro Blue moon, publicado por Biblos.
Feira do Libro da Coruña: programa do mércores 5 de agosto
18.00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán os autores do libro.
18:15 Espectáculo de escapismo co Mago Pedro Volta
19.00 O escritor Bieito Romero asinará ejemplares do seu libro Xeometrías máxicas de Galicia, publicado pola Editorial Ir Indo.
19.00. Presentación do libro A casa máxica. O meu primeiro libro de maxia do Mago Pedro Volta, publicado por Baía Edicións.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, gañador do Premio Blanco Amor de Narrativa 2009 , publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 O actor e escritor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Dende a outra beira, publicado por 3 Editores
21.00 A Editorial Galaxia presenta os últimos títulos da colección Árbore Os Duros. Participan Xosé A. Neira Cruz e os autores e ilustradores dos libros: María Lires, Alberto Varela Ferreiro, Margarita Ledo, David Pintor, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
Feira do Libro da Coruña: pregón de Miguel Anxo Fernán Vello
PREGÓN DA 38 FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA
Se a min me preguntasen para que sirve unha Feira do Libro acudiría, por exemplo, ao escritor arxentino Ricardo Piglia, que opina, en primeira instancia, que este tipo de eventos “recuperan unha sociabilidade un pouco perdida”; e eu vexo aquí, para comezar, un espazo —o da Feira— capaz de atraer persoas de diferentes horizontes e con diversos intereses, lectores en potencia ou lectores xa existentes; un conxunto, en definitiva, de cidadáns de toda clase, idade e condición que establecen neste gran foro cultural que é a Feira do Libro un ámbito de sociabilidade popular, un territorio para a experiencia cívica, algo que resulta ben fermoso, especialmente fermoso, cando os libros e a lectura ocupan o lugar central, como é o caso, dese espazo público, dese espazo libre que se crea arredor da gran esfera —a Feira en toda a súa dimensión— que contén ese universo de “amigos” —amigos sempre fieis— que son os libros, eses obxectos prodixiosos que, como dicía Marcel Proust, poden chegar a cambiar, através da súa lectura, o destino dun home.
Mais se antes eu falaba das Feiras do Libro como “espazos de sociabilidade”, quero agora referirme ao libro mesmo como estímulo vital, como enerxía para a realización persoal, como chave máxica que permite abrir perspectivas de gran interese e transcendencia na vida do lector. Confesaba Adolfo Bioy Casares que parte do seu amor á vida debíallo ao seu amor aos libros, e velaí como a lectura acaba sendo esencial na propia deriva biográfica, na construción da vida persoal, pois a lectura é consubstancialmente “útil”, benefactora, enriquecedora, emocionante. Outro escritor, o alemán Hermam Hesse, relacionaba as boas lecturas con doses de fortalecemento para o espírito, e afirmaba que unha hora de lectura dun bo libro convértese nun “presaxio de rexuvenecemento”, nun “alento de nova frescura”. Que a lectura de bos libros enriquece a vida é algo que forma parte xa da experiencia universal, pois ben se sabe que a lectura axuda ao perfeccionamento e ao desenvolvemento da linguaxe, posibilita a capacidade de pensar e de expor o propio pensamento, axiliza notabelmente a intelixencia, aumenta o volume de información e o grao de coñecemento, amplía os horizontes individuais en todos os sentidos, esperta a curiosidade e activa afeccións e intereses; desenvolve a capacidade de xuízo, análise e espírito crítico; potencia a capacidade de percepción e de observación da realidade, promove as facultades da atención e da creatividade, axuda a definir unha formación estética e educa a sensibilidade, é unha fonte profunda e perfecta de distracción e entretemento, e, como xa afirmaba Montesquieu, en definitiva, é unha deliciosa vía para o gozo e a felicidade. Ou sexa, e resumindo, a lectura outórgalle á vida unha maior plenitude, unha maior riqueza, e acaba sendo un alimento proveitoso e necesario, un alimento moral e mesmo de irmandade, porque, como dicía o dramaturgo francés Antoine Houdar de la Motte, “mediante a lectura facémonos contemporáneos de todos os homes e cidadáns de todos os países”. Palabras sabias, sen dúbida.
Mais eu tamén quero falar aquí, porque é algo que me afecta e nos afecta, da lectura en galego, da literatura galega, do libro galego. Nunca tanto se leu en galego, é certo, en toda a historia da nosa cultura. Vivimos nun marco democrático e, obviamente, a produción literaria galega, en todos os xéneros, medrou considerabelmente e atinxiu unha maior proxección e recepción. Cando Galicia iniciaba a vía autonómica publicábanse anualmente 187 títulos en galego e no ano 2007 viron a luz en galego 1.780 títulos, o que demostra, sen dúbida, un considerábel avance histórico. Mais nos últimos anos o libro galego e, por ende, a lectura en galego, están a sufrir un preocupante estancamento, cando non un evidente retroceso. Existe, si, unha sociedade lectora en galego, mais esta sociedade —un verdadeiro tesouro en si mesma— non medra, non se expande, e, o que é máis grave, non se renova e amplía de xeito, diríamos, ecolóxico, nos seus tramos de idade máis novos. Fíxense vostedes, no que atinxe á lectura pública, apenas contamos cunha dotación de 1,1 libros por habitante nas bibliotecas, case a metade do índice da Unión Europea, e en Galicia apenas gastamos cada ano en adquisición de libros 0,65 euros, o que nos sitúa moi lonxe da media europea, que é de 1,85 euros. E vexamos outros datos. Entre os anos 2003 e 2005 pecharon as súas portas en Galicia 41 librerías, e Galicia segue a ser penúltima en índice de lectura (datos do ano 2008) no conxunto do Estado español, só por diante de Estremadura e moi afastada da media estatal. Xulguen vostedes estes datos. Porque, aínda así, o noso país posúe, sen dúbida de ningún tipo, unha das literaturas máis importantes de Europa. E non me refiro á literatura medieval galega, cumio universal da lírica de todos os tempos, que foi cualificada no seu día polo Premio Nobel de Literatura, o mexicano Octavio Paz, como unha das “xoias da humanidade”. A literatura galega de hoxe no seu conxunto está á altura das mellores expresións literarias europeas, algo que é recoñecido por numerosos especialistas en numerosos países. Sen ir máis lonxe, o outro día nesta mesma cidade, Antonio Gamoneda, premio Cervantes e altísimo mestre literario, afirmou que a poesía galega actual superaba en calidade —foron palabras súas— á que se escribe na hora presente no conxunto de España, sumándose así a outras voces que reparan, con atención e coñecemento, na profundidade e no brillo que posúe unha boa parte da escrita lírica de noso.
E en todo este panorama, amigas e amigos, téndomos como temos un idioma milenario e moderno —pai, por certo, do portugués—, mais en clara situación de perda paulatina de falantes e de lectores —o ensino en galego na Universidade da Coruña, fíxense, non chega ao 9 por cento—, é realmente grave, para máis de sorprendente e preocupante, que un Goberno da Xunta de Galicia, o do señor Núñez Feijóo, como moi ben lle lembrou a Real Academia Galega, converta as primeiras decisións lingüísticas anunciadas, todas elas, en “desprotectoras da lingua galega”. A lingua galega, di a Real Academia con sede nesta cidade, “é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos”, e engade finalmente a máxima institución cultural de Galicia —a cita é textual— que “os poderes públicos están obrigados a meditar serenamente a qué escenario queren levar a sociedade galega, tendo sempre presente que a lingua galega non é un problema, senón unha oportunidade”.
Eu desexo, señoras e señores, que esta 38 edición da Feira do Libro da Coruña sexa un gran espazo de sociabilidade, un gran foro de participación popular, ancha avenida de libros e gran biblioteca ao ar libre para todos. Permítanme que remate este pregón cuns versos dedicados a ese gran libro galego de pedra, a ese gran poema vertical de pedra que acaba de ser declarado Patrimonio da Humanidade. Os versos son de César Antonio Molina e din así:
Na noite sega a herba de ouro.
Siluetas perdidas viven da súa vida,
coma min,
e as estrelas fugaces
que van cal suco aberto
na escuma do mar tralos buques.
Diríase que o seu ollo, ao que ilumina a esperanza,
tamén brilla eterno na outra beira.
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
A Coruña, 1 de Agosto de 2009