Arquivos da etiqueta: Flor negra
Tabela dos libros. Xuño de 2018
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros de xuño. A seguir ofrécese a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Ourense: actividades destacadas da Feira do Libro o 1 de xuño
O 1 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Presentación de Flor negra, de Genaro da Silva, publicado por Chan da Pólvora.
– 20:00 h. Recital poético arredor do libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, publicado por Alvarellos.
– 21:00 h. Presentación de Os Eidos de Novoneyra, do selo da Biblioteca da Mesopotamia, de Chan da Pólvora.