Santiago: presentación de Ellis Island, de Georges Perec

O xoves 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a edición galega de Ellis Island, de Georges Perec, traducido por Eduardo Estévez, publicado por Franouren. No acto, xunto ao tradutor, participa Mario Regueira.

Vigo: presentación de Transición, de Fran Alonso, e recital poético con María Lado e o autor

O venres 10 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o novo poemario de Fran Alonso Transición, publicado en Franouren. No acto, presentado polo editor Manuel Ángel García, terá lugar un recital poético de María Lado e o propio Fran Alonso.

Ourense: actividades do venres 3 na Feira do Libro

Continúa a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.

As actividades máis destacadas do venres 3 son as seguintes:
19:30 h. Presentación dos ensaios sociolóxicos Todo menos o cuiñar, de John Barlow e Rusos como Creso, de Elana Lenina e da novela Dónde está la esperanza, de Fernando Sancho Casal, publicados por Franouren Edicións. Participarán no acto Bárbara Álvarez Fernández e o director da editorial, Manuel Ángel García Fernández.
20:30 h. Fernando Méndez presentará o seu libro Deus xogando aos dados, publicado en Sotelo Blanco Edicións. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.

Ourense: actividades do 1 de xuño na Feira do Libro

Continúa a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.

As actividades máis destacadas do mércores 1 son as seguintes:
19:30 h. Presentación do libro de poemas visuais O libro dos cans, de Estevo Creus e do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicados por Franouren Edicións. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Manuel Vélez Latorre, Xosé Manuel Bouzo e o director da editorial Manuel Ángel García Fernández.
20:30 h. Miguel Anxo Fernández asinará exemplares do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia.

Santiago: actividades da fin de semana na Feira do Libro

Chega ao seu fin a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do sábado 7 son as seguintes:
– 18:30 h. Actividade infantil. Contacontos. Actuación de Fátima.
– 19:00 h. Presentación do libro infantil ¿Qué me pasa, Ntumba? cuentos sobre enfermedades olvidadas, de Feli Ibáñez, publicado por Médicos Sin Fronteras.
– 19:00 h. Enrique Reyes asinará exemplares do seu libro La princesa que emigró, publicado por Éride Ediciones.
– 19:30 h. Sinatura do libro Caja negra, de Francisco Narla.
– 20:00 h. Charla coloquio de Javier Akerman: Terapias naturais, medicina alternativa. Ao remate do acto, o Dr. Akerman asinará exemplares dos seus libros.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.

O domingo 8 finaliza a Feira, coas seguintes actividades:
– 18:00 h. Actividade para nenos. Obradoiro de marcapáxinas, impartido por Brétema Animación.
– 19:00 h. Presentación de Poemas no faiado, de varios autores. Colección de poemas lusófonos pensados especificamente para nenos, publicado por Imperdível. Participarán no acto Xosé Antón Serén e Xemma Fernández.
– 20:00 h. Presentación do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Dolores Vilavedra.

– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
– 21:30 h. Peche da Feira do Libro.

Santiago: presentación de O libro dos cans, de Estevo Creus

O venres 17 de decembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase O libro dos cans, de Estevo Creus, publicado en Franouren. No acto, acompañando ao autor, participarán Antón Lopo a danza en directo de Begoña Cuquejo, Paulina Funes e Josua McCarey.

Ourense: presentación de O libro dos cans, de Estevo Creus

O xoves 9 de decembro, a partir das 19:30 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase O libro dos cans, de Estevo Creus, publicado en Franouren. No acto o autor estará acompañado por José Manuel Bouzo e a Aula de Danza Contemporánea do Campus de Ourense (dirixida por Cia-Traspediante), que levará a cabo unha acción improvisada ou mecánica de saltos.