O 20 de marzo, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André, 36, 1º), no marco do ciclo Aula Aberta, Laura Freire Ledo falará das antoloxías poéticas contra a violencia de xénero no século XXI. Na palestra realizarase unha análise da poesía galega do século XXI contra a violencia de xénero a partir de tres antoloxías colectivas, os dous volumes de Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero e o Manifesto 25N, atendendo ás condicións institucionais de publicación e aos seus repertorios temáticos.
Laura Freire Ledo é graduada en Galego e Portugués. Estudos Lingüísticos e Literarios. Actualmente cursa o Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, F.P. e Ensino de Idiomas. Esta actividade fai parte do ciclo Aula Aberta que facemos co Grupo Illa da Facultade de Filoloxía da UDC.
Arquivos da etiqueta: Grupo Illa da Universidade da Coruña
A Coruña: conferencia “As cantigas de Martín de Padrozelos e a súa aplicación didáctica”, por Dulce Fernández Graña
A Coruña: VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, o 15 de outubro
Chegan as VII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Compañeira, facemos a foliada, organizadas pola Universidade da Coruña, coas que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
A actividade terá lugar o 15 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente, da Facultade.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Icía Varela e Xosé Manuel Varela, que falarán sobre Cantareiras.
– Bea Campos, arredor de Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.
A Corunha: III Encontro investigador sobre poesia galega actual
A Coruña: palestra “Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxe”, con Romina Pereiro
“O xoves 30 de maio, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Romina Pereiro ofrecerá a palestra “Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxe”. Esta actividade fai parte do ciclo Aula aberta, organizado pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación Illa da Universidade da Coruña. As persoas interesadas poden anotarse aquí.”
A Coruña: conferencia “A morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galego”, por Marta Seoane Rebollo
A Coruña: Seminário Xoán González-Millán e os estudos socioculturais galegos
A Coruña: conferencia “A defensa da lingua galega a través da literatura”, por Xosé Ramón Freixeiro Mato
A Coruña: Andrea Gagino Mato falará sobre Besta do seu sangue, de Emma Pedreira
O 20 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André, 36, 1º), Andrea Gagino Mato falará de “Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. A revisión do caso Romasanta desde a perspectiva de xénero”.
Os atributos asociados ao lobo están relacionados coa concepción patriarcal da masculinidade e o lobishome é a miúdo lido en clave masculina. Esta palestra explora o fenómeno da licantropía na cultura e na literatura galegas en relación co caso Romasanta —o primeiro asasino en serie galego— e coa novela de 2018 de Emma Pedreira, Besta do seu sangue, desde unha perspectiva feminista e de xénero.
Andrea Gagino Mato é graduada en Inglés pola University of South Wales e en Galego e en Inglés pola Universidade da Coruña.
Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.
As persoas interesadas en asistir a esta presentación deberán anotarse no correo electrónico acab@mundo-r.com
A Coruña: I Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino, os 13 e 14 de abril
“Estas xornadas teñen como obxectivo ofrecer novas propostas para o ensino-aprendizaxe da lingua e da literatura galegas no ámbito do ensino secundario que permitan dar unha viraxe a aqueles aspectos do traballo nas aulas que convén revisarmos. Trátase, en suma, de reflexionarmos en conxunto sobre como potenciar, reorientar ou modificar certos contidos, actividades, ferramentas e metodoloxías aproveitando o contexto creado pola nova lei educativa.
Conforman as xornadas seis seminarios cun marcado carácter práctico, ao longo dos cales haberá espazo para o intercambio de ideas e suxestións entre os/as relatores/as e o público.
Inscricións en clourenzo@udc.gal, indicando nome, apelidos e DNI até ao 12 de abril de 2023.”