O
xoves 4 de agosto, ás 20:30 horas, no Salón de actos da Casa da Xuventude (Rúa Pacheco, 5) de Mondoñedo, terá lugar o faladoiro Cunqueiro: Boticas, menciña, maxia, no que participan César Cunqueiro, Francisco Díaz-Fierros, Ángel Vázquez de la Cruz e Xosé Ramón Mariño Ferro, coordinados por Henrique Monteagudo, nun acto organizado polo Consello da Cultura Galega.
Arquivos da etiqueta: Henrique Monteagudo
Santiago: faladoiro sobre A obra poética de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 16 de xuño, ás 19:00 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro), en Santiago de Compostela, terá lugar o faladoiro A obra poética de Álvaro Cunqueiro, no que participan Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado, Manuel Forcadela e Teresa López.
Bertamiráns: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
xoves 26 de maio, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina (Travesía J. R. Azcárraga, 5) de Bertamiráns, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Henrique Monteagudo e Xaime Subiela.
Santiago: Homenaxe a Xosé Neira Vilas
Vigo: conferencia Fermín Penzol: un bibliófilo galeguista, de Henrique Monteagudo
O
xoves 7 de abril, ás 20:00 h., na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, Henrique Monteagudo pronunciará a conferencia Fermín Penzol: un bibiófilo galeguista, nun acto organizado pola Asociación de Amigos dos Pazos.
Ramón Villares e Henrique Monteagudo falan sobre As linguas neolatinas na Universidade de Porto
(Xornal)
Santiago: actividades do ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 12 de marzo, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terá lugar esta actividade: Martín Códax, o son das ondas, co seguinte programa:
12:00 | Relatorio: Giuseppe Tavani. Catedrático xubilado de Filoloxía Románica na Universidade La Sapienza de Roma. Especialista en lírica trobadoresca medieval, é o principal estudioso dos cancioneiros galego-portugueses. Recibiu entre outras distincións o Pedrón de Ouro e a Medalla Castelao, así como o doutorado honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
13:00 | Grupo de Música Antiga Martín Códax (30 minutos). O nome do grupo rende homenaxe ao noso autor protagonista, sendo as súas sete cantigas parte do repertorio interpretado polo grupo.
Presenta: Henrique Monteagudo. Profesor de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.
Henrique Monteagudo ingresará na RAG cun discurso sobre o futuro da fala
(Xornal)
Henrique Monteagudo: Memorias dun neno vilego
Artigo de Henrique Monteagudo en El País.
Henrique Monteagudo: “Axendas en galego, galego na axenda”
Artigo
de Henrique Monteagudo en El País:
“Dado que ese informe (Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica) cuestiona algúns lugares comúns firmemente asentados na mentalidade dun sector do nacionalismo, suscitou reaccións contraditorias. Pero, a pesar dalgunhas tentativas de acalalo ou deturpalo, o informe abriu un debate moi pertinente, as augas fóronse serenando e non tardaremos en concluír, por ampla maioría, que precisabamos un revulsivo salutífero para osixenarnos un pouco. Temos todas as de gañar repensando unha serie de tópicos revellidos e reformulando, tanto no fondo coma na forma, posicións tradicionais que se revelaron inservibles ou contraproducentes. Elemento central daquel informe era a reivindicación do bilingüismo como un argumento eficaz para a defensa do galego, precisamente apoiado en lóxicas integradoras e inclusivas, lonxe das dialécticas da confrontación e da exclusión. Por ese camiño podemos aspirar a gañar o asenso social -no que debe asentar un consenso político verdadeiramente sólido- a favor das políticas públicas de normalización lingüística. (…)
Agora máis ca nunca, será procedente relembrar a razón última das nosas reivindicacións. Expresouna acaidamente Ramón Piñeiro: “A lingua galega é bandeira da nosa solidariedade moral”. O galego non nos interesa nin nos pode interesar só polo galego mesmo. Interésanos porque a súa exclusión é inseparable da marxinación que o noso país padeceu, con grave prexuízo para todos. Interésanos porque a súa perda significa e significaría unha derrota colectiva, que minaría de forma definitiva a nosa conciencia de comunidade. Interésanos porque a súa recuperación só se acadará se conseguimos facer dela un proxecto e unha tarefa comúns, que atinxe a todos, pois a todos beneficiará, e por tanto a todos debe comprometer solidariamente. Porque os éxitos que vaiamos conseguindo nese camiño serán outros tantos esteos da nosa confianza e da nosa autoestima, tan necesitadas de reforzo. Porque esa confianza, esa autoestima e esa conciencia de comunidade que afronta unida retos compartidos son valiosísimos recursos para afrontarmos os difíciles tempos que se aveciñan, para axuntarmos forzas e para pelexar e gañar o porvir. Porque non nos resignamos a que se acale a nosa voz. Porque arelamos ter unha axenda de futuro, como cidadáns e como país. E porque, si, estamos con vontade de que esa axenda de futuro se diga e se escriba tamén no noso idioma.”

