María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca

Desde Galaxia:
María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020.
O xurado do galardón impulsado desde o IES Rosalía de Castro de Santiago estivo formado por alumnado dunha decena de centros. Este ano, para seleccionar ás gañadoras e gañadores, ademais do instituto anfitrión, participaron, votando a súa obra favorita, o alumnado dos centros IES Pontepedriña, da capital galega; así como o Xulián Magariños (Negreiros), o Vilar Ponte (Lugo), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), e o Ferro Couselo (Ourense).
Os membros do xurado destacaron que a obra gañadora contén unha trama “moi complexa”, que se desenvolve en “dous espazos temporais”, poñendo en valor o papel fundamental das mulleres. A novela de María Rei Vilas caracterízase por ser un retrato de mulleres loitadoras, no contexto da Guerra Civil.
Cun destacado protagonismo feminino, este libro, publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, conta a historia de Camila. Unha muller que leva décadas vivindo unha mentira baixo a complicidade dos que a rodean. A protagonista, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade, neste relato onde que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo. (…)”

Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (e VI)

ChegadoMobiliza Rosalía o final do curso escolar, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega:

 

 

 

Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXII)

O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Pintor Colmeiro, de Silleda, do seguinte xeito:
“Nós reinventamos a chamada da AELG e Bernardo e as súas mozas de plástica pasaron horas de frío tecendo este mural. A intervención foi realizada nun muro que nos ofreceu o Concello, no patio da Casa da Cultura de Silleda. Non deixedes de visitalo!”

Silleda: O IES Pintor Colmeiro dedica unha aula a Agustín Fernández Paz

Desde Xerais:
“O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Agustín Fernández Paz, tal e como recolle o blog As Ferreiras.
Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Nesta presentación explicamos como se desenvolveu a xornada.
O escritor agarimounos co seu saber, os seus libros, as súas películas e as súas vivencias. Para todos os que queirades ampliar a xornada vivida con el, podedes visitar o seu portal de internet, de certo que non vos arrepentiredes.
Esta será a última placa que colocaremos neste curso nomeando as aulas, e pensamos que cumprimos suficientemente coas expectativas previstas a principio de curso, cando se aventurou esta proposta do equipo de normalización.
Queremos agradecer a todos os escritores a súa presencia; estarán sempre connosco nos corredores do noso centro.” (…)”.

O IES de Silleda dedica unha aula a Antonio Reigosa

Desde Xerais:
“O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Antonio Reigosa, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis.
“Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita. Recibir un escritor, amigo, e que a homenaxe saia ben, que os bos momentos sexan todos, e que as brétemas que ás veces nos alcanzan cheguen a desaperecer… Temos un alumnado marabilloso, entregado, simpático… disposto a quedar sen recreos, a facer horas “extras” para agasallar cun álbum, para ensaiar unha obriña. Estou absolutamente rendida á súa xenerosidade.
Por suposto, Reigosa deleitounos coa súa retranca e os seus contos. Como o d‘O gato con botas en versión moderna. E contestou preguntas e o tempo voou. (…)”.

Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XVIII)

16. Eu ben vin estar o moucho (IES Pintor Colmeiro, Silleda)

17. Airiños, airiños aires (CEP Celso Emilio Ferreiro, Vigo)

19. Pasa, río, pasa, río (CEIP Plurilingüe nº 1, Tui)

Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (XI)

Dentro das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Finalizamos coa publicación diaria dos centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:

Eu ben vin estar o moucho: IES Pintor Colmeiro, Silleda.
Airiños, airiños aires: CEP Celso Emilio Ferreiro, Vigo.
Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca: CEIP Pío XII, Santiago de Compostela.
Pasa, río, pasa, río: CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui.
Ora, meu meniño, ora: CEIP A Fraga, As Pontes.