Ponteareas: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 10 de xullo

O 10 de xullo continúa a Feira do Libro de Ponteareas (na Praza Maior, con horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

18:00 h. Manel Monteagudo asina Camiño á lagoa dos bardos, publicado por ViveLibro.
19:00 h. César Lorenzo Gil e Jorge Campos asinan Atlas da Galicia pequeniña, publicado por Aira Editorial.
20:00 h. Pablo Prado asina O derradeiro libro de Emma Olsen, novela gráfica con texto de Berta Dávila, publicada por Galaxia.
21:00 h. Susana Lamela asina Invisible, con maleta verde e zapatos vermellos, libro publicado en autoedición.