Arquivos da etiqueta: Karlos Barral
A Coruña: Diagonismos IV
A Coruña: presentación de libro de artista 4 voltas, de François Davo e Tono Galán
Arteixo: encontro literario e recital poético na memoria de Paco Souto
O venres 12 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cívico e Cultural de Arteixo terá lugar un encontro literario, presentado por Alfredo Ferreiro, enmarcado no programa cultural do mes de maio.
Trátase de dar a coñecer as obras máis recentes de autores vencellados ao Concello de Arteixo. Os autores convidados son Francisco A. Vidal, Henrique Rabuñal, Miguel Sande, Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Xabier Maceiras.
Tamén haberá un recital poético na memoria do poeta e activista cultural Paco Souto, para o que se conta co seguinte elenco: Emma Abella, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Miguel Sande, Modesto Fraga, Rocío Blanco, Xosé Iglesias, Xabier Maceiras e Alfredo Ferreiro. O evento será acompañado pola música de Alberto Laso e Karlos Barral, co seu proxecto Infusiones Musicales.
A Coruña: concerto-presentación do libro de artista 4 Voltas, de François Davo, Tono Galán e Rubén Fenice
A Coruña: presentación de Esplendor arcano, de Ramiro Torres
O venres 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase Esplendor arcano, de Ramiro Torres. O acto consistirá nun acto do Grupo Surrealista Galego, onde haberá un recital colectivo de poesía, aberto á participación do público presente, acompañados pola música de Karlos Barral e Alberto Laso.
Arteixo: nova edición dos Encontros Milpedras
O xoves 2 de agosto, a partir das 20:00 horas, na praza da Rúa da Capela de Arteixo, terá lugar unha nova edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Modesto Fraga, Mou de Lugh e Óscar de Souto, xunto a Karlos Barral e Alberto Laso na parte musical, e Javier de la Rosa como creador gráfico. O acto, organizado pola A. C. Encontros Milpedras e 3D3 Audiovisual, será presentado por Rubén Fenice, director do Taller de Litografía Milpedras.
A Coruña: actuación do proxecto de fusión artística Fuso Negro
O martes 28 de xuño, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, terá lugar unha nova actuación do proxecto de fusión artística Fuso Negro, no que Xoán Abeleira (voz e percusión), Karlos Barral (percusión), Bruno Couceiro (batería), Julio Cuns (guitarra) e Kale Thunström (baixo) e Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos…), fusionan música, teatro e poesía de vangarda.
A Coruña: VIII edición dos Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e artes plásticas
O venres 24 de xuño, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a VIII edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á música de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.
A Coruña: VII Encontros Milpedras, recital simultáneo de poesía, música e fotografía
O venres 8 de abril, ás 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a VII edición dos Encontros Milpedras, que contará coa participación poética de Natalia Concheiro, François Davo e Charo Pita, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e a proxección de fotografías de Paula Gómez del Valle.