A Coruña: “A doután. Xornadas surrealistas”

O venres 27 e sábado 28, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27), na Coruña, terán lugar as Xornadas surrealistas A doután, co gallo da presentación da exposición “A vida dende o outro lado: O surrealismo galego-portugués”, prevista para febreiro-marzo do 2019, na Coruña. Organizan e coordinan: Tono Galán e Xoán Abeleira, co apoio da Concellería de Cultura da Coruña e a Fundación Luís Seoane.
Dentro das súas actividades destacamos as seguintes propostas literarias:

Venres 27
18:00 h. Relatorio de soños. Onilirismo, falando abertamente cos ollos pechados.
19:30 h. Creacións poético-musicais de João Sousa.
20:00 h. Posta en común do libro O pronunciábel dia da súa morte, de Xesús González Gómez (verbo da recepción na Península Ibérica da noticia do pasamento de André Breton) e outras diversas publicacións do Grupo Surrealista Galego.

Sábado 28
18:00 h. ¨A lingua das pedras¨, faladoiro verbo do amor tolo polas pedras no xamanismo, no celtismo, no romanticismo, no simbolismo e no surrealismo. Coios e coídos como plataformas cara ó outro lado. Mostra de pedras intervidas a doután por divers@s convidad@s.
19:30 h. Liberdade poética, liberdade de acción.

Lugo: Cultura ciclostil. Xornada de pequena edición

Cultura ciclostil

A Coruña: presentación de Liberdade

OLiberdade sábado 26 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12), na Coruña, preséntase o obxecto-libro Liberdade, ideado polo Grupo Surrealista Galego e creado artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Éluard, traducido por Xoán Abeleira. Con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.

A Coruña: actuación do proxecto de fusión artística Fuso Negro

O martes Fuso Negro28 de xuño, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, terá lugar unha nova actuación do proxecto de fusión artística Fuso Negro, no que Xoán Abeleira (voz e percusión), Karlos Barral (percusión), Bruno Couceiro (batería), Julio Cuns (guitarra) e Kale Thunström (baixo) e Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos…), fusionan música, teatro e poesía de vangarda.