O
luns 28 de marzo, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A nacionalización do pasado irlandés: 1845-1937, de Xavier R. Madriñán, publicado pola Xunta de Galicia. O acto contará coa presenza de Ramón Villares, Ramón Maíz e o autor.
Arquivos da etiqueta: Libraría Couceiro de Santiago
Santiago: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
martes 22 de marzo, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o autor.
Santiago: presentación de Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo
O
xoves 17 de marzo, ás 20:15 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Cabalos do demo e outros invertebrados, de Isidro Novo, publicado pola Editorial Trifolium. No acto de presentación o autor estará acompañado pola escritora Marilar Aleixandre e polo editor, Xan Arias.
Santiago: presentación de A crise económica na época presente e a descentralización rexional, de Alfredo Brañas
O
mércores 16 de marzo, a partir das 20:00 h., presentación de A crise económica na época presente e a descentralización rexional, de Alfredo Brañas, publicado en Toxosoutos. Intervirán no acto Xosé Manuel Beiras, autor do limiar, Afonso Ribas e David González Couso. Crónica posterior en Galicia Hoxe.
Santiago: presentación de A arte do fracaso, de Berta Dávila
Santiago: presentación de Estremas, de Ana Romaní
O
xoves 10 de febreiro, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o novo poemario de Ana Romaní, Estremas, publicado en Galaxia. Xunto á autora participan Carlos Lema e María do Cebreiro.
Santiago: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
martes 25 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais, no que participan, alén del, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema. No acto acompañarán aos autores Jorge Mira e Manuel Bragado.
Santiago: presentación de Abelcebú, de Carlos Negro
O martes 21 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Abelcebú, de Carlos Negro, publicado por Edicións Positivas. O acto, segundo comentan, consiste na aparición “Por segunda vez en Compostela, en vivo e en directo, baixo apariencia carnal, o Demo en persoa, o noso adorado e pecadento Abelcebú. Exercerán de acólitos, nesta extravagante cerimonia, os seguintes elementos: Paco Macías (proveedor de surtidos Cuétara, Carlos Negro (amanuense trapalleiro) e Inacio Vilariño (mestre en augardentes). Haberá exorcismos literarios, tómbola malévola e, por suposto, gran queimada”, e advirten que a “Libraría Couceiro non se fai responsábel dos danos morais que poida padecer o público asistente a este evento. Rógase leven extintores, por se ascaso.”
Santiago: presentación de O libro dos cans, de Estevo Creus
O
venres 17 de decembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase O libro dos cans, de Estevo Creus, publicado en Franouren. No acto, acompañando ao autor, participarán Antón Lopo a danza en directo de Begoña Cuquejo, Paulina Funes e Josua McCarey.
Presentación de Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa
O
mércores 1 de decembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, de Antón Figueroa, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Arturo Casas.
