Bruxelas: presentación da tradución de Ulises, de James Joyce

O xoves 10 de abril, ás 18:00 horas, na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43 Willem de Zwijgerstraat) de Bruxelas, preséntase, nun acto organizado pola Asociación Couto Mixto, a tradución galega do Ulises de James Joyce, publicada por Galaxia. No acto participan Ramón Neto e dous dos tradutores, Xavier Queipo e Antón Vialle.

Actos do Día de Rosalía para o sábado 23

O sábado 23, ás 12:00 horas, na Librería Lila-Lilith e Ciranda (Rúa da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, terá lugar un acto coas poetas Rosalía Fernández Rial, Helena Salgueiro e Luz Fandiño, onde recitarán obra propia alternando con poemas de Rosalía. No acto proxectarase tamén Todas con Rosalía.

Presentación en Bruxelas d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá

O 27 de novembro, às 18:30 horas na Livraria Orfeu de Bruxelas, terá lugar a presentación d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, o último romance da triloxía Evanxélica Memoria (Entre Fronteiras e Nas Catacumbas). Será presentada, en presenza do autor, por Xavier Queipo.