Estas son as actividades máis destacadas previstas para o sábado 6 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolve nos Xardíns de Méndez Núñez até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 12:00 h. Feira infantil. Como nace un personaxe. Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de Gálix.
– 18:30 h. Presentación de O señor Don Nicanor, texto de Ana Fernández-Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Faktoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
– 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos Parece unha rosa, de Rosalía de Castro e Cantiga do Mazarico, de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
– 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro Lois Pereiro. Unha persecución, publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.