O
xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), en Monforte, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e no que colabora o propio Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán, xunto ao autor, Xosé Manuel Fernández e Fran Bouso.
Arquivos da etiqueta: Long Play
Long Play: Poemas de Lois Pérez
Desde
Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entramos agora nun mundo circular que xira arredor de referentes galegos e americanos. Falamos de Long Play, de Lois Pérez, un poemario editado por Xerais que se presentou esta semana en Compostela. Nós estivemos con el nun lugar con encanto, o local “La fruslería de Madame Deficit” en Lugo. Pode verse aquí.”



