Desde
Brétemas, de Manuel Bragado:
“Vai ser moi difícil esquecer o sucedido no serán do venres 7 en Librouro onde presentamos A ira dos mansos, a novela de Manuel Esteban gañadora do Premio Xerais deste ano. Máis dun cento de persoas desbordaron a libraría viguesa seguindo as intervencións da xornalista viguesa Marta Gómez González, membro do xurado que outorgou o premio, e do autor na súa primeira presentación. Un serán moi emocionante que aventura unha recepción entusiasta desta novela negra viguesa de profundo carácter social e ético. (…)
Comezou Manuel Esteban confesando que non era amigo de referencias persoais, aínda que eran inevitables para falar d’ A ira dos mansos. Relatou as circunstancias do nacemento hai trece anos do seu fillo Antón con síndrome de Down e como a partir de entón nunca deixou por sentado o que sucedería no futuro, «desa ferida interior naceron os meus primeiros textos narrativos». A seguir leu un deles (que se recolle no vídeo desta anotación, gravado por Librouro) e explicou que a orixe do título da novela estaba nunha frase emblemática de José Saramago «deféndenos señor da ira dos mansos».
Manuel Esteban xustificou a súa elección da novela negra para expresar a súa intencionalidade tanto por ser lector do xénero dende a súa mocidade como pola ambigüidade moral que permiten as súas convencións. «Quixen ofrecer un policía filósofo, misántropo, visceral, que levase ao lombo un fato de prexuízos, mais que fose capaz de mudalos. Esta historia vai de cambiar. Tiven presente unha frase de Eduardo Galeano: “Somos o que facemos para cambiar o que somos”». Rematou Esteban expresando que o personaxe de Pedro é a razón deste libro, «a voz de todos os mansos do mundo».”
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
Vigo: presentación de A ira dos mansos, de Manuel Esteban
O
venres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participan, xunto ao autor, Marta Gómez González e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Non debían medrar e Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás
O
xoves 6 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125), en Vigo, preséntanse Non debían medrar (editado por Xerais) e Novas crónicas dunha transición intransixente (editado por Laiovento), de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás. No acto participan, xunto ao editor dos dous libros, Manuel Bragado e Pepe Carreiro.
Ourense: presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal
A Coruña: presentación de O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez
Bueu: presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás
Vigo: presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás
Pontevedra: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín
O
luns 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Rúa Don Filiberto, 9- 11), da man do Ateneo de Pontevedra, Isaac Xubín presenta Non hai outro camiño, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado, Xaime Toxo, Ana Acuña e Anxo Angueira.
Compostela: presentación de Exhumación, de Marcos Abalde
O
xoves 22 de setembro, ás 20:00 horas, en NUMAX (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase o poemario Exhumación, de Marcos Abalde, Premio Lueiro Rey 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Irma Amado e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas
O
venres 16 de setembro, ás 19:30 horas, na Avenida de Beiramar de Vigo, a carón da estatua de Jules Verne no Náutico, terá lugar a presentación da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Antonio Giráldez Lomba, María Xosé Queizán, Eduardo Rolland e Manuel Bragado.



