Sanxenxo: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo

OPedro Feijoo venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Nós (Rúa Madrid, 20) de Sanxenxo, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.

Gondomar: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo

OPedro Feijoo xoves 22 de outubro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Luís Domínguez Sanjuán e Manuel Bragado.

Vigo: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo

OPedro Feijoo venres 16 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Jacobo Buceta e Manuel Bragado.

Lugo: presentación de Amor en alpargatas, de Manuel Portas

OManuel Portas xoves 15 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Amor en alpargatas, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Alberte Rodríguez Feixóo e Manuel Bragado.

Compostela: presentación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga

OXoaquín Fernández Leiceaga Agosto de memoria e morte mércores 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, publicada en Xerais. No acto participarán, xunto ao autor, Dolores Vilavedra e Manuel Bragado.

Onte 1458: Sete traducións ao inglés, por Manuel Bragado

Desde20150930_150221-1024x614 Brétemas, de Manuel Bragado:
“No Día Internacional da Tradución recibimos un agasallo inesperado, unha caixa de libros de Small Stations Press con exemplares das súas sete traducións máis recentes de literatura galega: One Million Cows de Manuel Rivas, Vicious de Xurxo Borrazás, Soundcheck de Miguel Anxo Murado, Polaroid de Suso de Toro, Winter Letters de Agustín Fernández Paz, I love you Leo A. de Rosa Aneiros e Dragal II. The Dragon’s Metamorphosis de Elena Gallego. Unha saída histórica en inglés para a nosa literatura contemporánea, á que non son alleos nin os esforzos do editor e tradutor Jonathan Dunne que abriu dúas coleccións específicas, Galician Wave e Fiction, como as importantes axudas achegadas pola Consellaría de Cultura para estas traducións. Esta oferta de Small Stations constitúe unha gran oportunidade para a visibilización da nosa narrativa actual tanto nos mercados internacionais de editores como no dificilísimo mercado interior do Reino Unido. Unha excelente noticia que celebramos no Día da Tradución.”