Entrevista de Ramón Blanco en Sermos Galiza:
“Hai un par de semanas botou a andar a Xira Xuntos e Revoltos, do dúo poético-musical Non Somos Nós, formado polo poeta Manuel L. Rodrigues e o músico Manuel Mariño Reino (entre eles chámanse Manuel e Manolo). O primeiro é membro do Colectivo Literario Sacou e responsábel de Acha Escrava Editora; recita versos do seu libro Antítese nativa. O segundo, antigo baixista da banda noiesa 7 LVVAS (unha das pioneiras do rock galego), pon guitarra, harmónica e voz. O resultado desta simbiose, hora e media de actuación, poderá comprobarse en diversos lugares do territorio galego (pode consultarse o calendario no seu blog). Falamos con eles poucas horas antes da segunda posta en escena, que tivo lugar en Noia, na antiga igrexa de Santa María a Nova. (…)
– Sermos Galiza: Como foron tecendo a combinación de poemas e cancións?
– Manuel Mariño: Digamos que foi Manuel quen se encargou de seleccionar os poemas afíns a cada canción, sen orde ningunha. O xeito de mesturalas coa música procuramos varialo para que non lle sexa monótono ao público (nin a nós, claro).
– Manuel L. Rodrigues: Si, e buscamos que teñan puntos temáticos comúns os poemas e as pezas musicais. (…)”
Arquivos da etiqueta: Manuel L. Rodrigues
Arteixo: coloquio sobre o Colectivo Literario Sacou e recital poético
O luns 18 de febreiro, as 21:00 horas, na Libraría A lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, terá lugar un coloquio sobre o Colectivo Literario Sacou coa participación de Ramón Blanco, Anxo Otero e Manuel L. Rodrigues, onde falarán sobre os seus proxectos individuais e colectivos. O acto finalizará cun recital poético.
Ramón Blanco gaña o II Slam.Arousa Poesía
“O segundo torneo do Slam Arousa, un certame poético de recitado organizado polaa actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas, foi gañado polo escritor de Outes Ramón Blanco, que foi dos membros fundadores do colectivo cultural Sacou, ao que tamén pertence o poeta Manuel L. Rodrigues, que quedou terceiro na cita. A recitadora que quedou en segundo lugar foi Ramona Fernández.” Desde Certo.
A Coruña: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O luns 30 de abril, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3) da Coruña, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora. No acto, acompañando á autora, participa Manuel L. Rodrigues, e estará seguido dun recital poético.
Noia: recital poético-musical
Noia: Cartafol do serán, acto literario do Colectivo Sacou e A porta verde do sétimo andar
O venres 1 de abril, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Noia (Rúa Luís Cadarso, s/n.), terá lugar un acto conxunto do Colectivo Literario Sacou e A porta verde do sétimo andar. No evento falarase sobre o pasado e futuro de ambas asociacións culturas, presentarase a obra dos respeitivos membros e farase un recital poético para finalizar a sesión. O nome da xuntanza será Cartafol do serán en homenaxe a aqueles recitais que, ás tardiñas, Sacou realizaba semanalmente. Entre outros estarán: Alberte Momán, Soutelo Vazquez, Betula Alba, Nacho Suárez, Anxo Otero, Manuel L. Rodrigues, Óscar Sendón, Rosa Enríquez, Ramón Blanco, Manolo do Río, etc.