“O Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova Lisboa (FCSH/NOVA) organiza o ciclo de eventos (Des)Encontros Galego-Portugueses, que ten lugar en Lisboa durante os meses de marzo, abril e maio no local da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Estruturado en seis sesións monográficas, abordará temas como a lingua, a historia e a cultura da fronteira, a emigración, as loitas pola democracia ou a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura.
Pechará o ciclo, o 20 de maio, unha conferencia de Mercedes Queixas Zas sobre a relación de Manuel María con Portugal e a súa cultura, nunha ponencia que leva por título Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina.
O Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses é organizado en parcería co Centro Galego de Lisboa e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Fai parte do programa de actividades culturais do Centro de Estudos Galegos da FCSH/NOVA, que integra a rede de Centros de Estudos Galegos no exterior da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.”
Arquivos da etiqueta: Manuel María
Diálogos Manuel María: Xosé Luís Méndez Ferrín
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Luís Méndez Ferrín participa nos Diálogos Manuel María. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña: conferencia “Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María, por Manuel López Foxo
O
xoves 19 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, Manuel López Foxo, especialista na obra de Manuel María, impartirá a conferencia Unha outra mirada sobre a poesía de Manuel María. A entrada será libre para o público interesado.
Bruxelas: recital multilingüe en homenaxe a Manuel María
Coristanco: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
O
mércores 18 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca do CPI Xosé Pichel de Coristanco, Mercedes Queixas presenta Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, publicado por Galaxia, dentro dos actos da Primavera Cultural do Concello de Coristanco, nunha conversa guiada por Xan Fernández Carrera.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19
O
xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
– 20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.
A Coruña: conferencia de Lois Diéguez sobre Manuel María
O
mércores 18 de maio, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Lois Diéguez pronunciará unha conferencia sobre a figura de Manuel María, nun acto organizado pola A. C. O Facho.
O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o xoves 19
O
Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no xoves 19 de maio:
– 12:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Homenaxe a Manuel María. Con Miguel Mato. Recital poético da mocidade, co alumnado do IES de Ponteceso.
– 17:00 h., na Casa dos Veciños. Os vellos non deben de namorarse, de Fantoches Baj.


