A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.
Arquivos da etiqueta: Manuel Rivas
A prensa galega recolle o ingreso de Manuel Rivas na RAG
A Nosa Terra: “Temos unha academia de heterodoxos” (entrevista) [1] / O académico Rivas alerta da asfixia á lingua [2]
Xornal de Galicia: Rivas, o académico máis novo
El País: “La cultura gallega no puede ser un parque temático” [1] / Ausencias y presencias [2]
La Opinión de A Coruña: “Iso do sentidiño a min non me gustou nunca” (entrevista)
Galicia Hoxe: O académico da flor de toxo
El Ideal Gallego: Rivas refuerza su compromiso con Galicia
El Progreso: Manuel Rivas ingresa na RAG comprometido coa defensa do idioma e o patrimonio cultural
Vieiros: Manuel Rivas ingresa na RAG con palabras de “memoria, ecoloxía e lingua”
La Voz de Galicia: Manuel Rivas proclama o milagre da literatura no discurso do seu ingreso como membro numerario
Faro de Vigo: Manuel Rivas ingresa na Real Academia Galega
Manuel Rivas le o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega
O próximo sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Mestranza, s/n) terá lugar o acto de recepción como académico de número do escritor Manuel Rivas Barrós, quen dará lectura ao discurso de ingreso A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua), e a quen responderá en nome da Academia Xosé Luís Axeitos Agrelo.
Santiago: presentación á prensa do libro de Manuel Rivas
O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 17,00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago terá lugar unha roda de prensa na que se presentará o novo libro de Manuel Rivas, Episodios galegos. Tempos de esperpento. Participan no acto Manuel Rivas e Manuel Bragado.
Unha obra de Manuel Rivas, libro de lectura nas escolas de Timor Oriental
O libro A lingua das bolboretas de Manuel Rivas foi traducido á lingua tetun, co-oficial de Timor Oriental. A edición bilingue de Borboleta sira-nian nanál será incorporada ao curriculum escolar como libro de lectura para todas as escolas de Timor e tamén para as campañas de alfabetización de adultos. A obra incorpora un prólogo de José Ramos Horta, Presidente da República de Timor e Premio Nobel da Paz.
O libro foi presentado hoxe en Madrid nun acto aberto ao público celebrado no centro de Casa Asia (Palacio de Miraflores, Carrera de San Jerónimo, 15, 1ª planta) ás 11:30. A presentación correu a cargo de Manuel Rivas, escritor do relato A lingua das bolboretas; un representante de AECID; Luis Caparrós, Vicerreitor de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña; María Xesús Pena Castro, Presidenta de ALGA; Teresa Gutiérrez del Alamo, directora de programas do Centro Casa Asia (Madrid), e Luis Gárate Castro, profesor da UDC e codirector do Proxecto Bolboreta.
A Coruña: recital de “Poesía e Ciencia na Mostra de Ciencia e Cinema
Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.
A Coruña: poesía, ciencia e música unidas na Mostra de Ciencia e Cinema
Dentro do variado programa de actividades da II Mostra de Ciencia e Cinema, o vindeiro mércores 28 de outubro o Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o escenario do recital Poesía + Ciencia, no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. Os autores e autoras citados lerán obras propias e alleas que se achegan a temas, procedementos e personaxes propios da cultura científica. Lucía Aldao conducirá un acto que contará ademais coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. Será a partir das 20:30, con entrada libre até completar a capacidade do recinto.
Máis información: o evento en Facebook
Estrea do espectáculo poético-musical Música para un ouveo

Espectáculo con música de Borja Costa sobre o texto Howl de Allen Ginsberg, traducido ao galego por Xoán Abeleira. Estrea absoluta coa participación de Manuel Rivas como escritor invitado o día 3 de setembro na Coruña ás 21.00 horas no Teatro Rosalía de Castro, e en Vigo, coa participación de Fran Alonso, o día 4 de setembro ás 21.00 horas no Auditorio de Caixa Nova. Máis información na páxina web do proxecto.
Manuel Rivas entra na Real Academia Galega
O escritor e xornalista coruñés Manuel Rivas (A Coruña, 1957) foi nomeado onte membro electo da Real Academia Galega e ocupará a vacante que deixou o falecemento, en novembro de 2008, do académico numerario Camilo González Suárez-Llanos, máis coñecido na literatura galega como Camilo Gonsar. [Ler noticia completa]
Pablo García gaña o V Premio Biblos-Pazos de Galicia
Pablo García Martínez (Arzúa, 12-12-1985) é o gañador da 5ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou no transcurso dunha cea que na noite do venres 10 de xullo reuniu na Casa Grande do Bachao (Santiago) a un cento de personalidades do mundo cultural galego. A obra, que ten o título provisional de Relato dun estalido xordo, comezará agora a súa etapa de redacción definitiva na que o autor contará con Manuel Rivas (que non puido estar presente por atoparse de viaxe) como titor e que rematará cara a fin de ano coa súa publicación en galego e en castelán.