Desde a Universidade de Santiago de Compostela (foto do autor desde a Wikipedia):
“O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández é o gañador do Premio Porteiro Garea na súa novena edición. Reunido o pasado 9 de xullo, o xurado decidiu por unanimidade concederlle o premio a “unha das figuras máis destacadas da lingüística galega contemporánea que xogou un papel esencial no coñecemento do estado da lingua galega e das súas variantes, e tamén no establecemento da súa forma culta actual”.
Especializado no eido da lexicografía, a actividade investigadora do profesor Santamarina abrangue tamén a gramática, a sociolingüística, a historia da lingua, a etimoloxía, a toponimia, a dialectoloxía e a didáctica. A súa extensa actividade investigadora foi outro aspecto a destacar polo xurado, que estivo presidido pola reitora Rosa M. Crujeiras Casais e composto ademais pola vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana Iglesia; o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala; Elena Freire Paz, representante da Comisión de Normalización Lingüística do Claustro; e Marta Irene Lois González e Mar Pérez Fra, representantes das comisións de normalización lingüística dos campus de Santiago e Lugo, respectivamente. (…)”
Arquivos da etiqueta: Mar Pérez Fra
Lugo: xornada pública Fagamos contas. 35 anos de autonomía: Como nos foi?
Lugo: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
mércores 22 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (San Marcos, 8), presentación do ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, acompaña ao autor Mar Pérez Fra.
