“A
edición compostelana de La Voz de Galicia publica unha declaracións de María Xosé Queizán sobre a súa última novela, Meu pai vaite matar. A escritora aclara que «esta novela xorde dunha viaxe –da que poñerei imaxes na presentación– que fixen hai máis dun ano a Tierra de Fuego». Alí coñeceu un penal militar onde levaban aos criminais máis terribles, convertido agora en museo, que a deixou fascinada. María Xosé explica que a novela transita entre Galicia e a Arxentina, «reflectindo a través dos personaxes e acontecementos cousas, frases e pensamentos moi serios». A autora di que non ten nada de biográfica. «Eu –engade– quero divertirme ao mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».” Vía Xerais.
Arquivos da etiqueta: María Xosé Queizán
Santiago: presentación de Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán
O
mércores 7 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, publicada en Xerais. No acto, acompañando á autora, participan Montse Dopico e Manuel Bragado.
María Xosé Queizán, titora da oitava edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia
“A
escritora viguesa María Xosé Queizán (Vigo, 1939) será a titora do Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos na súa oitava edición. Autora de éxito en diversos xéneros, desde a narrativa ao ensaio pasando pola poesía e a dramaturxia, e activista incansable a prol dos dereitos da muller, María Xosé Queizán é sen dúbida unha das grandes figuras da literatura galega contemporánea. (…)” Vía Galicia Hoxe.
María Xosé Queizán: “Existe desinterese por coñecer a realidade social”
Entrevista
a María Xosé Queizán en Radiofusión:
“Impactada trala viaxe que realizou a Ushuaia, María Xosé Queizán decidiu unir na súa nova novela esta cidade do sur de Arxentina e Galicia. En Meu pai vaite matar a autora viguesa intentou trazar unha historia “suxestiva” e “entretida” que, asemade, abordase cuestións como os abusos infantís. Queizán elixiu como personaxe central da súa obra a unha policía, xa que entende que os profesionais deste gremio, ao contrario que a maioría da xente, están en contacto coa realidade social. A escritora detecta “hipocrisía” e “desinterese” na cidadanía. “Sabemos que existen determinados problemas, pero ninguén quere complicarse a vida”.” A entrevista pódese escoitar aquí: 261211QUEIZAN.mp3.
María Xosé Queizán: “Un libro especial é a miña biografía, que estou escribindo por imperativo moral”
Entrevista
a María Xosé Queizán en De Luns a Venres:
“De Luns a Venres (DLV) ¿Un sinónimo de Galicia?
María Xosé Queizán (MXQ): É única.
DLV: ¿Que quería ser de pequena?
MXQ: Non me lembro.
DLV: ¿Un lema a seguir na vida?
MXQ: A honradez.
DLV: ¿Un defecto?
MXQ: Varios. Un deles é ser desobediente e contestataria.
DLV: ¿E unha virtude?
MXQ: Para min, a mesma que o defecto.
DLV: ¿Un lugar especial?
MXQ: A ría de Vigo.
DLV: ¿Unha paixón?
MXQ: O feminismo.
DLV: ¿Un autor/a?
MXQ: Son moit@s @s que me abriron fiestras mentais. Leo moito ensaio.
DLV: ¿E un libro especial?
MXQ: O vindeiro que teño en proxecto.
DLV: ¿Pode adiantarnos que é logo o que ten entre mans?
MXQ: Estou escribindo a miña biografía por imperativo moral. Pero teño varios proxectos pedindo espazo e tempo.
DLV: ¿Como está de saúde a literatura galega?
MXQ: Mellor ca nunca.”
Entrevista a María Xosé Queizán en Faro de Vigo
Entrevista
a María Xosé Queizán en Faro de Vigo, desde Xerais:
“(…) FdV: La novela [Meu pai vaite matar] se desarrolla entre Galicia y la Patagonia. ¿Por qué decidió trasladarla a Argentina?
– María Xosé Queizán (MXQ): Hice el año pasado un viaje a esta zona y fue una verdadera maravilla. Navegué entre glaciares y elefantes marinos y conocí la historia de sus tribus. Al regresar, decidí que tenía que convertirlo en el escenario de una novela.
– FdV: ¿Podríamos definirla como novela policíaca?
– MXQ: Novela policíaca y de aventuras. Pero toca muchos temas, entre ellos uno determinante, el del abuso sexual. Tiene más de 300 páginas pero puedo asegurar que resulta muy entretenida. (…)
– FdV: Ha sido un año muy fructífero para usted, con estas dos nuevas obras publicadas.
– MXQ: Estoy en una etapa muy productiva y, al mismo tiempo, sigo con la revista Festa da palabra silenciada. Me gratifica mucho escribir y quiero aprovechar el momento. No creo en la inspiración y sí en el esfuerzo y la imaginación”.
Vigo: presentación de Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán
O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, acompañando á autora, participa Manuel Bragado.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o domingo 4 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, remata este domingo 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Domingo 4:
– 11:30 h. Presentación de Guía didáctica de instrumentos musicais, publicada en Ouvirmos. No Salón.
– 12:00 h. Conversa de Xesús Fraga con Mario Regueira e Jacobo Fernández Serrano. No Salón.
– 12:00 h. Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos, publicado en Galaxia. No Auditorio do Pazo.
– 12:30 h. Conversa de Xesús Fraga con Antón Riveiro Coello. No Salón.
– 13:00 h. Conversa de Xesús Fraga con María Xosé Queizán. No Salón.
– 14:00 h. Pere Tobaruela: presentación de Poñente, publicado en Xerais. A relación novelada de Galicia e Cataluña. No Salón.
– 16:30 h. Café con: María Xosé Queizán.
– 16:30 h. Fran Alonso: presentación de Ninguén, publicado en Xerais. A tecnoloxía e as relacións persoais. No Salón.
– 17:00 h. Presentación de A praza é nosa, publicado en Editora 2.0, unha ollada sobre o 15-M coordinada por Marcos Pérez Pena. No Salón.
– 18:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Emilio Alonso e Víctor de las Heras sobre os seus libros (Vigo a 80 revolucións por minuto, e Vigo, a explosión dos 80, respectivamente) sobre a movida viguesa dos anos 80. No Salón.
– 18:30 h. Fran Alonso e Xurxo Souto: O meu gato é un poeta. No Cuarto dos Nenos.
– 19:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Carlos Callón. No Salón.
Santiago: entrega do V Premio Voz da Liberdade 2011 a María Xosé Queizán
María Xosé Queizán, Premio Voz da Liberdade 2011, outorgado polo Centro PEN de Galicia
“O
xurado cualificador do Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro PEN de Galicia e de carácter bienal, integrado por Luís González Tosar, Miro Villar, Inma López Silva, Marilar Aleixandre, Manuel Outeiriño, Román Raña e Manuel Guede, decidiu conceder este galardón, na súa quinta edición, por unanimidade, á escritora viguesa María Xosé Queizán. Entre outros méritos, o xurado considerou, “a súa traxectoria independente e firme, tanto na defensa da liberdade de expresión coma na dos dereitos das mulleres desde a década dos sesenta ata a actualidade. María Xosé Queizán, cunha obra de referencia na narrativa, na poesía, no ensaio e no teatro, destaca tamén polo seu labor de tradutora e por manter, ao longo de 28 anos, a revista Festa da palabra silenciada, verdadeira voz da escrita feminina e exemplo de pluralidade e proxección exterior da literatura galega”. O xurado fai constar, asimesmo, que María Xosé Queizán impulsou, xunto con outros 22 escritores e escritoras, o primeiro intento de creación do PEN Clube de Galicia, asistindo á asemblea constitutiva celebrada en Santiago o 7 de abril de 1977 e suscribindo a incorporación ao PEN Internacional. (…) A entrega do Voz de Liberdade 2011, unha peza escultórica da autoría do ourensán Xosé Cid, terá lugar no transcurso dunha actividade literaria aberta, na que a glosa da homenaxeada correrá a cargo da Catedrática de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Vigo, Prof. Mª Camiño Noia Campos. O acto terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia, Praza de Cervantes, de Santiago de Compostela.” Vía Xerais.
