Arquivos da etiqueta: Memoria de cidades sen luz
Xabier P. DoCampo, Pedro Feijoo, Inma López Silva, Manuel Lourenzo González e María Reimóndez en inglés
Desde Tendencias Galicia Confidencial:
“A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse do libro.
Co obxectivo de seguir promovendo a proxección internacional das letras galegas a través da rede, o Portico of Galician Literature incorpora unha mostra en inglés de obras de Xabier P. DoCampo, de Pedro Feijoo, de Inma López Silva, de Manuel Lourenzo González e de María Reimóndez. Cada escritor e escritora conta cunha foto e biografía en inglés, xunto cunha sinopse das obras O libro das viaxes imaxinarias, Os fillos do mar, Memoria de cidades sen luz, Atl e Pirata, e mais a tradución de 40 páxinas de cada un destes libros. (…)”
Fene: tertulia de Inma López Silva, con Mercedes Queixas, no Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor
O xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene, finalizan os faladoiros do Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor, organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nesta ocasión, Inma López Silva, gañadora do Premio Blanco Amor organizado polo concello de Lugo en 2007, coa novela Memoria de cidades sen luz, falará sobre esta obra nun acto conducido por Mercedes Queixas.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva
O venres 4 de marzo, ás 20:30 h., na librería Ler da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, publicado en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, ademais da autora, María Xesús Blanco, Alberto Piñeiro e Xesús Laíño.
Santiago: Inma López Silva recolle o Premio San Clemente
O martes 9 de novembro, a partir das 19:00., no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Inma López Silva recolle o Premio San Clemente concedido pola súa novela Memoria de cidades sen luz, publicada en Galaxia.
A Coruña: presentación da novela Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva
O xoves 4 de decembro, ás 20:00 no Palexco, no marco do Culturgal, terá lugar a presentación na Coruña da novela Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva.