Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“‘Os libros son algo vivo’. Marilar Aleixandre presenta Mudanzas e outros velenos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Mudanzas e outros velenos
A escritora Marilar Aleixandre fálanos de Mudanzas e outros velenos
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Todo un catálogo de árbores, velenos e madrastas, nenas ourizo, palabras rescatadas do fondo da macela, pesadelos ou soños, derrotas domésticas, mulleres das que nin o nome quedou rexistrado… ou o Pindo. Todo nos versos deste libro: Mudanzas e outros velenos, en que a editorial Galaxia recupera tres poemarios de Marilar Aleixandre. Pode accederse á entrevista aquí.”
Tabela dos libros. Febreiro de 2018
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”