Memoria diversa, a memoria do LGTBIQ+ en Galicia

Desde a Televisión de Galicia:
Memoria diversa, de Eva Mejuto, é un libro con vocación de continuidade que nace para recoller as voces do colectivo LGTBIQ+ de Galicia. As súas protagonistas son Laura Bugalho, Nacha María Sánchez, Fito Ferreiro Seoane, Braulio Vilariño, Carmen López Picón, Guillermina Domínguez Touriño, Itos Domínguez, Nanina Santos Castroviejo, Lois Diéguez Vázquez, Trinidad Falcés, Vicente Montoto e María Xosé Queizán. A entrevista pode verse aquí.”

A Coruña: xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos

Dentro das xornadas “Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos”, organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación, hoxe venres 11 terán lugar dúas conferencias: ás 17 horas, Tendencias dos feminismos no século XX, por Rosa Cobo; e ás 19 horas, un relatorio sobre revistas feministas galegas: Festa da palabra silenciada (María Xosé Queizán) e Andaina (Nanina Santos). O acto celébrase no auditorio da Real Academia Galega (Tabernas, 11) e a entrada é libre.