Número cero da revista poética npgGazeta

“Xa temos rematado o N° cero da revista npgGazeta de agrupacións poéticas de base. 60 páxinas con poemas de máis de 26 poetas con outros tantos escollidos por est@s xa publicados e que se poderán descargar gratuitamente en PDF nos próximos días e que sairá tamén en edición de papel. Faranse diversas presentacións coa participación de algún/a d@s poetas que colaboraron neste número en diferentes localidades. Este número foi coordinado por Moncho Bouzas, coa colaboración da artista Isabel Pardo no apartado artístico con formidábeis retratos d@s poetas, a montaxe de Xelo Teixido, Zeltia Villar nas fotografías e Antón de Guizán no deseño. A revista dixital NPGgazeta da NPG Nova Poesia Guitirica comenza así a súa andaina aberta á participación desde os diferentes grupos poéticos de base e também poetas a nível individual. A NPG promove o Certame Vilariñas de micropoemas galegos ademáis de numerosas actividades poéticas desde as terras de Díaz Castro e prepara o 1° Festival de Poesía Guitirica para este ano #CarvalhoCalero2020 en Guitiriz.”

A poesía ao rescate dos Frescos dos Vilares

“A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica chaman a crear poemas que inclúan nos seus versos SALVEMOS OS FRESCOS DOS VILARES e FRESCOS DOS VILARES, V SÉCULOS DE NÓS. O estilo, métrica e idioma son libres. O prazo límite de recepción dos poemas será o 30 de novembro.
Esta iniciativa busca coa poesía reivindicar ás administracións públicas a restauración destas importantes pinturas do S. XVI. Os poemas recibidos serán publicados nas redes sociais das dúas entidades e unha vez recibidas todas serán enviadas ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e aos titilares da Igrexa, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Guitiriz. Tamén serán editados en formato dixital para a súa descarga gratuita.
Os poemas poderán enviarse ao correos
dosvilares@gmail.com
nnpggazetagmail.com
A iniciativa busca sensibilizar ás diferentes administracións para evitar a perda destas importantes obras artísticas (están incluidas na lista vermella do património estado) de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira.
Casi cinco anos de promesas, visitas, iniciativas parlamentares, valedor do pobo, conferencias, edicións de diptucos, videos etc que resultaron infructuosos diante da administración mentras que o paso do tempo, as humidades e a falta de protección siguen a deteriorar as pi turas co risco de desaparición definitiva si non se toman medidas para evitalo.
A acción poética culminará con un recital poético para reclamar a restauración dos frescos.”

San Sadurniño: III Recital Poesía en feminino

Gañadoras/es da III edición do Certame Vilariñas 2019

“Xa hai gañadores/as da terceira edición do #CertameVilariñas2019 de micro-poemas na súa terceira edición.
O 1° Prémio corresponde ao poema VOLTA, da viguesa Beatriz Coira Rico.
O 2° clasificado foi SIXILO, de Manuel González Prieto.
A terceira Vilariña premiada é DESEXO, de Ana García Rivas.
@s tres poetas recibirán as <VILARIÑAS> deseñadas pola artista Viki Rivadulla nun acto que se realizará pasado o verán e que servirá tamén de homenaxe á poeta Marica Campo, moi vinculada á Terra Chá, a Guitiriz e aos Vilares de Díaz Castro.
Preséntaronse máis de 120 vilariñas, cunha alta calidade, o que contribúe consolidar o certame cada ano.

III Concurso de micropoesías Vilariñas

“Convócase o III Concurso de micropoesías Vilariñas, no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. @s autores/as son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
A temática será “libre”. Cada participante poderá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word e coa referencia de CERTAME VILARIÑAS 2019 no título do correo. Cada vilariña terá o nome ou o alcume d@ autor/a. Tamén no correo deben figurar os datos de contacto d@ autor/a.
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluír o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe se así o quixese @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 1 abril até o día 31 de maio de 2019, ás 23:59 horas.
A organización do concurso resérvase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respecto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. Os integrantes da NPG só poderán colaborar quedando SEMPRE fóra de concurso, por formaren parte do xurado. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo VILARIÑA deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://npggazeta.gal e outros soportes dixitais. A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidad@s.
Polo feito de participar, @s premiad@s autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos.

NPG NovaPoesiaGuitirica
npggazeta@gmail.com
http://npggazeta.gal

Os Vilares lareira de soños
dosvilares@gmail.com”