Arquivos da etiqueta: O códice esmeralda
Pontevedra: presentación de O Códice esmeralda, de Alberte Blanco
O venres 15 de decembro, ás 20:oo horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo e a editora, participan, xunto ao autor, Anxo González Guerra e Manuel Bragado.
Ourense: presentación de O Códice esmeralda, de Alberte Blanco
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o mércores 5
O mércores 5 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras.
– 19:45 h. Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado. Ao remate, sinatura.
Alberte Blanco preséntanos O códice esmeralda
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Alberte Blanco preséntanos O códice esmeralda, unha novela de intriga e reconstrución histórica que publica Xerais. Pode accederse á entrevista aquí.”
Alberte Blanco, autor de O Códice esmeralda
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Intriga, aventuras e historia son os ingredientes que se mesturan en O Códice Esmeralda, a segunda novela de Alberte Blanco. Trátase dun relato que parte da batalla naval de Rande e que conduce o lector pola ría de Vigo na procura dun tesouro. Pode accederse á entrevista aquí.”
Vilaboa: presentación de O Códice esmeralda, de Alberte Blanco
Alberte Blanco: “Lembro, na miña infancia, as expedicións de galeóns para buscar o tesouro de Rande”
Moaña: presentación de O Códice esmeralda, de Alberte Blanco Casal
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do martes 2 e mércores 3
O martes 2 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o martes 2 e mércores 3 de maio:
Martes 2
– 19:30 h. Presentación de Once portas, de Héctor Cajaraville, publicado por Xerais.
– 20:30 h. Presentación de Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón, publicado por Xerais.
Mércores 3
– 19:30 h. Presentación de O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais.
– 19:30 h. Presentación de O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez, publicado por Galaxia. No acto participan, xunto á autora, Francisco Castro e David Vázquez, director do documental Asolagados.