

No marco de Festival Internacional de Literatura e Creación Eñe, que ten lugar en Madrid, haberá a seguinte participación da literatura galega:
– O 15 de novembro, entre as 12:30 e as 13:30 horas, no Círculo de Belas Artes de Madrid (Alcalá, 42), Samuel L. París e Miriam Reyes falarán sobre O sitio da poesía.
– O propio 15 de novembro, entre as 19:45 e as 20:45 horas, tamén no Círculo de Belas Artes de Madrid, Su Garrido Pombo e Olga Novo intervirán arredor do poemario e Feliz Idade e o traballo musical Patios de Luz.

A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan é unha iniciativa da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
–As que cantan, as que contan, as que calan: intrahistoria das subalternas, con Olga Novo:
–As de Mens. A oralidade invisíbel tornando a visíbel, con Beatriz Busto Miramontes:
–Mesa redonda Axudaime compañeiras. As transmisoras da memoria inmaterial, con Eva Teixeiro, Olga Novo e Beatriz Busto Miramontes: