Arquivos da etiqueta: Orlando Viveiro
Begonte: roteiro “Polos camiños da Terra Chá”, o 1 de outubro
Outeiro de Rei: Roteiro por Taboi: patrimonio, natureza e poesía, o 11 de xuño
Outeiro de Rei: presentación de Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte, de Antón Xosé Meilán García
Outeiro de Rei: roteiro Polos camiños da tribo, sobre Manuel María, o 4 de outubro
“O domingo, día 4 de outubro, ás 10:00 horas, e se o tempo acompaña, farase unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María. O roteiro, “Polos camiños da tribo”, partirá desde a Casa-Museo e ten unha dificultade baixa, un percurso de aproximadamente seis quilómetros, e cunha duración sobre as tres horas.
Orlando Viveiro, divulgador cultural, será a persoa que fará de guía e con quen descubriremos o medio e o patrimonio da localidade. Durante o camiño faranse lecturas de poemas e textos de Manuel María vinculados aos espazos.
Para participar (é gratuíta) hai que se inscribir previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal e a actividade vai dirixida para público adulto.”