Entrevista a Olivia Rodríguez González no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”O tempo é relativo e, ao contraluz do tempo, pasa a vida”. Son versos de Luz Pozo Garza, do seu último libro Pazo de Tor. Ela cumpriría o mes que vén 100 anos e escribiu ata o final dos seus días. Hoxe lembrarémola con Olivia Rodríguez, comisaria dunha mostra aberta estes días na Cidade da Cultura que amosa como Luz podía converter o cotián en poesía. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Pazo de Tor
Luz Pozo Garza nas nosas voces
Desde a AELG queremos homenaxear a figura excepcional de Luz Pozo Garza lendo varios poemas da súa autoría, traspasando deste xeito a enerxía da súa palabra a través de todas e todos nós, nun diálogo fértil e permanente co seu legado creativo, que constitúe, sen dúbida, a súa máis fermosa achega á nosa literatura común.
Aquí podedes escoitar os poemas nas voces de:
– Daniel Asorey (“Primeira memoria”):
– Xoán Carlos Domínguez Alberte (poema publicado no libro colectivo Mulher a facer vento):
– Anna R. Figueiredo (“Far Blues”):
– Xavier Queipo (“Cantiga para ler en tempo de penumbra”, do volume colectivo Poetas e narradores nas súas voces):
– Mercedes Queixas (“Souben amar”):
– Antonio Reigosa (“Fábula de fontes”, de Pazo de Tor):
– Cesáreo Sánchez Iglesias (poema de Prometo a flor de loto):
Luz Pozo Garza: “Un verdor de beleza cubría o pazo”
Desde El Progreso:
“Sendo nova un mozo preguntou a Luz se ía querelo “para sempre”. Ela botouse para atrás. Estaba asustada imaxinando anos e anos formando unha ringleira sen final no horizonte. Pero tamén estaba namorada. “Para sempre? Prefiro entregarche a miña alma”. Foi unha forma lírica e menos comprometida de prolongar o seu amor ata a eternidade.
Dende aquela, Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) atravesou océanos de tempo. Tanto no seu corazón, que acolle 96 anos, como a través da súa estirpe materna, que se fixo patente no século XIV coa construción do pazo de Tor. Vén de dedicarlle un poemario, Pazo de Tor (Alvarellos), a ese palacio monfortino.
O tempo parece unha abundancia para Luz Pozo, pero non tivo ocasión de visitalo ata hai oito anos. “Estaba dando clase, non podía collerme uns días”. Cando o coñeceu valorou que “estaba moi ben porque había pouco que marchara a familia que o habitaba. Quedaban uns restos da torre da homenaxe. Estaba cuberto dun verdor que eu recordo como beleza”. A memoria pode quitar brillo mesmo á decadencia máis miserable. O pazo foi rehabilitado pola Deputación de Lugo.
“A miña nai foi a última descendente”, asegura a escritora. A nai era Luz Garza Feijoo, de quen Dolores Elvira Pozo Garza colleu o nome para dedicarlle libros. Un antepasado materno da autora era medio irmán do Padre Feijoo. “O seu pai recoñeceuno, pero despois casou cunha señora importante e tivo esoutro fillo”.
A nai deulle a liñaxe e a poesía. “Escribía poemas. Gustáballe lérnolos”. Tamén lle deu o mundo. “Era de Allariz. Os seus pais morreron cando era unha nena. Estudou en colexios de elite de Alemaña, Bélxica e Estados Unidos”. Notábaselle na presenza e nos idiomas falados. (…)”