O
martes 26 de outubro, a partir das 20:30 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18) da Coruña, preséntase Onde houbo lume de Marica Campo, publicado por Biblos. No acto participan, ademais da propia autora, o editor Tucho Calvo e Pilar García Negro.
Arquivos da etiqueta: Pilar García Negro
Pilar García Negro: “Somos galegos grazas a mulleres arriscadas como Rosalía”
(Xornal)
Ferrol: presentación de Onde houbo lume, de Marica Campo
O
mércores 20 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Galería Sargadelos de Ferrol Onde houbo lume, de Marica Campo, publicado por Biblos. No acto participarán, xunto á autora, Tucho Calvo e Pilar García Negro.
Arcade (Soutomaior): Feira do Libro e mesa de debate en O Circo da Lingua
O
sábado 16 de outubro celébrase en Arcade O circo da Lingua, organizado pola Plataforma Queremos Galego de Soutomaior. Dentro dela, a partir das 16:00 h. haberá unha Feira do Libro, con mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas na rúa Xosé Solla (Arcade), e, a partir das 17:30 h. celebrarase unha mesa de debate sobre Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada, que contará coas intervencións de Anxo Louzao, Bieito Lobeira, Fran Rei, Pilar García Negro e Xosé Henrique Costas no Multiusos de Arcade (Soutomaior).
Santiago: presentación de Onde houbo lume, de Marica Campo
O
xoves 30 de setembro ás 20:00 h. preséntase na Libraría Couceiro de Santiago (na Praza de Cervantes) Onde houbo lume, de Marica Campo, publicado por Biblos, unha novela con once historias en feminino.
Santiago: actos culturais no Festigal o domingo 25 de xullo
Na Galería das Letras do Festigal 2010, que se celebrará no Campus Universitario Sul, desenvolveranse os seguintes
actos culturais o domingo 25 de xullo:
Ás 15:30 h., presentación de Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega na Suíza, de Xurxo Martínez Crespo, editado pola CIG. No acto participarán Luís Manuel Calvo Salgado e o propio autor.
Ás 16:00 h., Carlos G. Figueiras presenta Quero saber onde se agacham as cores, publicado en Galiza Editora.
Ás 16:30 h., Pepe Cáccamo presenta Un home impuntual, publicado en Galaxia, acompañado por Francisco Castro.
Ás 17:00 h., Carlos Taibo presenta Parecia não pisar o chão, publicado en Avante Editora, da AGAL, acompañado por Valentim R. Fagim.
Ás 17:45 h., María Pilar García Negro presenta O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro, ensaio e feminismo, publicado en Sotelo Blanco, acompañada de Diego Pardo Amado.
Ás 18:30 h., Marilar Aleixandre presenta O coitelo en novembro, publicado en Xerais. No acto participan coa autora Manuel Bragado e Dolores Vilavedra.
Ás 19:15 h. haberá un recital de poesía con textos de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro.
Ás 20:00 h., Teresa Moure presenta A Intervención, publicado en Xerais, acompañada por Manuel Bragado. No acto proxectarase unha videointervención creada pola propia autora.
Ás 20:45h., Francisco Castro presenta O segredo de Marco Polo, publicado en Galaxia, acompañado por Víctor F. Freixanes e Montse Penas Presas.
E, por último, ás 21:30 h., preséntase a primeira versión en galego-portugués do Sempre en Galiza, publicado en Avante Editora, da AGAL, onde intervirán Fernando V. Corredoira, Camilo Nogueira e Miguel R. Penas.
Lugo: mesa redonda co tema “Vixencia de Castelao 60 anos despois da súa norte”
Hoxe, xoves, 10 de xuño, a partir das 19.30 horas, dentro do programa de actividades complementarias da exposición “Castelao. A derradeira lección do mestre”, mesa redonda co tema “Vixencia de Castelao 60 anos despois da súa norte”. Interveñen: Francisco Rodríguez, Felipe Senén López Gómez, María Pilar García Negro, Manuel Rei Romeu e Aurelia Balseiro como moderadora.
Máis información no Museo Provincial de Lugo.
A Coruña: conferencia “Rosalía de Castro: o clamor da rebeldía. A evidencia contra a conveniencia”, de Mª Pilar Pilar García Negro
Vigo: mesa redonda “Rosalía de Castro, aurora e porvir”
«Neste ano 2010 no que se celebra o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, o Consello Municipal da Muller de Vigo queremos rendirlle unha homenaxe e reivindicar a súa figura destacada como feminista, defensora da nosa cultura e da nosa língua, con tal motivo imos celebrar o seguinte acto: “Rosalía de Castro, aurora e porvir”, unha mesa redonda integrada por:
– Mª Xosé Queizán Vila: “A xustiza pola man de Rosalia de Castro verso a verso”
– Pilar García Negro: “A evidencia frente a conveniencia sexista”
– María do Cebreiro Rábade: ” O sentido ético da poesía de Rosalía de Castro”
Será o mércores 26 de maio ás 20:00 no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 -2º andar), no Casco Vello de Vigo.» Organiza o CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE VIGO.
Culleredo: coloquio Os nosos apelidos, resumo da nosa cultura
O vindeiro mércores 7 de abril na Biblioteca da Poesía “Uxío Novoneyra” de Vilaboa terá lugar o relatorio Os nosos apelidos, resumo da nosa cultura, coa participación de Pilar García Negro, Xosé Ramón Freixeiro e Xavier Alcalá, dentro do programa Primavera das letras. A entrada é libre. O acto comezará ás oito da tarde.
