A Coruña: “Prisciliano na literatura, na pintura, as artes gráficas e o cinema”, por Victorino Pérez Prieto

O xoves 8 de xuño, ás 19:30 horas,, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Victorino Pérez Prieto falará sobre “Prisciliano na literatura, na pintura, as artes gráficas e o cinema”. Prisciliano tivo un grande eco na literatura e as artes, sobre todo na Galiza. Nesta palestra Victorino Pérez Prieto vai falar da presenza do noso grande persoeiro no teatro, a poesía e a novela; tamén na pintura, nas artes gráficas e no cinema, no que se frustraron os mellores proxectos. As persoas interesadas poden reservar praza enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com