Desde Galaxia:
“O dramaturgo Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño pola obra Sós, segundo acordou por unanimidade o xurado reunido o pasado 21 de maio de 2026 na Biblioteca do IES Ribeira do Louro, no Porriño.
O xurado, integrado por Iván Caloto, Pepa Barreiro, Delio García Represas e Raquel Castro, destacou da peza “que sexa unha obra que aborda un tema de actualidade, a guerra, con especial tenrura e sensibilidade; ademais de pola súa linguaxe poética, escrita cun delicado coidado da lingua”.
Na acta do fallo tamén se subliña que “a dramaturxia xoga cunha estrutura que separa o universo íntimo e o máis social dándolle relevancia a partes iguais e as anotación son en realidade poemas que transmiten un sentimento profundo que te leva á reflexión”.
O xurado considerou ademais que se trata “dunha obra moi acaída para o público xuvenil pola temática actual que trata, tanto para a súa representación como para a súa lectura”. (…)”
Arquivos da etiqueta: Iván Caloto
Redondela: presentación de Os rapaces só se tocan para darse de hostias, de Iván Caloto
Presentación de Os rapaces só se tocan para darse de hostias, de Iván Caloto, en Redondela
O Porriño: presentación de Os rapaces só se tocan para darse de hostias, de Iván Caloto
Iván Caloto gaña o VII Premio Vidal Bolaño
Desde Galaxia:
“Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 h. na biblioteca do IES Ribeira do Louro decide declarar gañadora desta VIII edición a obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias, que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Iván Caloto.
O xurado destaca da peza a capacidade para afondar no miolo dos conflitos sociais e persoais; e na orixe dos prexuízos. Explora a necesidade de pertenza ao grupo que todos temos con personaxes verosímiles e recoñecibles. Obra coral que nos ofrece moitas voces, con diálogos áxiles, que axudan a configurar o drama presentado. (…)”


