Arquivos da etiqueta: Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo Oseira Nebra Trasancos Sofán e Sobredo
Pontevedra e Carballo: presentacións de Rebeldía galega contra a inxustiza
Compostela: presentación de Rebeldía galega contra a inxustiza
Ourense: presentación de Rebeldía galega contra a inxustiza
Vídeo da presentación do libro Rebeldía galega contra a inxustiza na Coruña
Foz: presentación de Rebeldía galega contra a inxustiza
Tui: Sobredo, 95 anos despois
Francisco Rodríguez: “Neste país o que hai é moita desmemoria histórica”
Entrevista a Francisco Rodríguez en Sermos Galiza:
“(…) Falamos con Francisco Rodríguez, un dos autores do monográfico Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo. Rodríguez escribe o capítulo ‘A revolta de Trasancos de 1918’, uns feitos aínda descoñecidos en grande medida, embora a súa importancia. “Nas revoltas pola carestía de 1918 en Barcelona participaron 500 mulleres. En Ferrol, con moita menos poboación, foron máis de 500. E con cortes de accesos e asaltos a trens, o que non se deu en ningún outro sitio”.
– Sermos Galiza: Como explica que uns feitos desta gravidade, cun número tan importante de mortes, puideran estar practicamente 80 anos agochados tanto na historia de Galiza como na memoria popular da comarca?
– Francisco Rodríguez: Dáse pouca importancia na historia de Galiza ao que é historia política, é dicir, os fenómenos sociais entendidos desde a súa dimensión ideolóxica e contestataria; interesa dar a imaxe de Galiza como país resignado. Nese esquema xeral para a historia de Galiza de ocultación, de agochamento, hai tres cuestións específicas neste caso particular.
Primeiro: todo o que acontece nesta comarca dentro da historia xeral de Galiza é moi pouco considerado, pártese do prexuízo de que isto é menos Galiza ou, se queres, que é unha finca do Estado español.
En segundo lugar, e derivado disto, Ferrol non pode relocer na historia de Galiza nin de España nada máis que naquilo que o coloque como apéndice de España.
E en terceiro lugar, a represión brutal que se deu e que acaba converténdose en autocensura social. Hai que ter en conta que houbo un golpe militar que afondou máis no esquecemento. Na II República ergueuse en Sedes un monumento aos mártires da Revolta de Trasancos e cando chegou o franquismo iso destrúese, o que acrecentou o temor que xa había.
Pero tamén teño que dicir que queda xente, pouca, que por tradición ou memoria familiar quedoulle a idea de que algo grave pasara, de que houbera mortos. (…)”