Vinte anos para relatar a historia máis próxima

Desde11817158_998871500152393_3307322767160524284_n Sermos Galiza:
“A vindeira segunda feira, 3 de agosto, botará a andar a XX edición das Xornadas de Historia Local, unha iniciativa creada pola Asociación Socio-Cultural “A Pomba do Arco” que leva dúas décadas afondando e difundido a historia máis próxima co fin tamén de que entre a formar parte da historia Xeral de Galiza. A Crónica Negra, a posguerra, os cultos e costumes precristiáns e a historia de Martínez Otero son algúns dos temas desta nova edición.
“As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza teñen historia propia. A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere con estas xornadas dar a coñecer a nosa historia, a divulgar o noso pasado e conservalo. Mais todo este labor non tería razón de ser se non se contase coa complicidade do pobo de Foz, xa que son os seus veciños os que coa súa asistencia fan posible estas xornadas ano tras ano”, explican desde a entidade organizadora que agarda unha edición especial neste seu vixésimo aniversario.
O relatorio “Crónica negra de Foz”, de Xoán Ramón Fernández Pacios abrirá o programa o vindeiro 3 de agosto ás 20:30 horas na Casa da Cultura “Poeta Manuel María”. Crimes, desgrazas e incidentes violentos que aconteceron no concello de Foz desde o século XVI serán o motivo da charla. O seguinte día, a profesora Ana Cabana achegará ao público asistente ao tempo posterior ao golpe militar en Foz e na Mariña con temas como a fame, o estraperlo, os fuxidos ou a oposición ao réxime.
Os 75 anos do Colexio Martínez Otero será o tema da terceira das conferencias, impartida por Ramón Eiras Fernández, Alexandra Eiras e Antón Niñe. Cadro docente, alumnado e historia do centro educativo de Foz será a materia da sesión dunhas xornadas que rematará o 6 de agosto coa palestra do antropólogo Xosé Manuel González Reboredo que leva por título “Crenzas e ritos na Mariña” que achegará ao público aos santos e cultos parroquiais aínda presentes na relixiosidade popular.”

Foz: presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, con Antonio Reigosa

11717356_1685627861669652_5089920984314083229_oCo acto, de entrada libre, que será presentado polo historiador Xoán Ramón Fernández Pacios e Antonio Reigosa, preténdese convidar aos asistentes a participar nun faladoiro aberto e distendido sobre a interacción dos mitos e das lendas na historia da Mariña.

Foz: homenaxe literario-musical a Xavier Rodríguez Baixeras

O venres 4 de febreiro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz, a Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha homenaxe literario-musical ao escritor mariñao Xavier Rodríguez Baixeras no que participarán, a máis da Banda Municipal de Foz, Juan Soto, xornalista e Cronista Oficial da Provincia, Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz, Xosé María Alvárez Caccamo, escritor, e o propio homenaxeado, Xavier Rodríguez Baixeras. O acto será introducido polo presidente da entidade organizadora, o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios.